Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Exposición sobre a folga do metal en Vigo

Written By Virgulino on 2/5/07 | 12:41



O Movemento polos Dereitos Civís elaborou unha exposición que recorda a folga do metal que tivo lugar na provincia de Pontevedra hai un ano, e nomeadamente en torno dos sucesos que aconteceron na cidade de Vigo, onde unha carga policial atacou a ducias de traballadores e irrompeu brutalmente no medio dun conflicto laboral. Precisamente agora que se anuncia unha nova folga no mesmo sector, agardamos que as autoridades competentes, e nomeadamente a Delegación do Goberno de Manuel Ameijeiras, non repitan as mesmas atitudes.

A exposición recolle diversas fotografías e textos sobre a folga do metal do 2006. Comezara a súa andaina na mesma cidade que recolle, no local da Confederación Intersindical Galega (CIG) de Vigo, a partir do luns da próxima semana, e seguirá a súa andaina polo resto do país.

A exposición pretende server de pequena homenaxe a unha loita obreira pola conquista de dereitos laborais de longo alcance e combatividade, dunha banda, e tamén incitar á reflexión sobre a agresión física como método normal e habitual de disolución daquelas protestas incómodas para a autoridade do momento. A carga policial, a represión das protestas mediante a violencia non é unha solución, sen embargo a propia policía ás veces parece provocar reaccións nos manifestantes para xustificar unha carga, ou incluso, sen conseguir estas, procede directamente a agredir a manifestantes pacíficos.

O MpDC considera que as principais causas que explican esta situación son a falta de sensibilidade democrática dos responsábeis políticos, a falta de formación policial en dereitos cívicos e humáns e unha deficiencia das nosas prácticas policiais, arrastrada desde a etapa autocrática, co cal en moitos casos é gravemente violado o dereito de reunión e manifestación.

1 comentarios:

Anonymous dijo...

Video:
http://www.youtube.com/watch?v=DWNf2LXXMwI

Publicar un comentario