Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor do Pobo non aclara a eficacia das administracións para defender os dereitos cidadáns

Written By Virgulino on 30/4/07 | 11:08


Escaso eco da xuntanza convocada pola Presidencia da Xunta de Galiza, a pesar de contar con sete defensores do pobo de distintas comunidades autónomas

A Carta de Dereitos Cidadáns, en elaboración pola Xunta, podería quedar en papel mollado



No acto convocado pola Xunta o pasado venres para falar de dereitos cidadás e administracións, a única intervención que se rexistrou foi a dun representante do MpDC que preguntou pola Carta de Dereitos Cidadáns –proxecto impulsado polo presidente da Xunta- e pola súa eficacia real se non é vinculante para as administracións; o MpDC lembrou que a diario se vulneran dereitos constitucionais, como o dereito de petición, sen que as administracións encargadas de velar polos mesmos tomen medidas de nengun tipo, e que mesmo se dá o paradoxo de que o propio Valedor do Pobo está denunciado por non facilitar o acceso á información. Sorprendentemente, o Valedor do Pobo nen sequera respondeu, e se o fixeron os defensores de Comunidades como Andalucía ou Asturias para deixar a cuestión en que hai que “seguir avanzando”, aínda que sen entrar en maior definición.



A reunión tivo ademáis escaso eco social, nunha mostra do distanciamento entre estas institucións e a cidadanía: a Presidencia da Xunta de Galiza non logrou reunir a máis de 20 persoas nunha xuntanza convocada sobre os Dereitos Cidadás e a súa defensa desde as administracións públicas, ainda que acudiron á mesma até sete defensores do pobo de distintas comunidades autonómas do Estado.



O MpDC exixe que o proxecto de Carta de Dereitos Cidadáns conte con forza de Lei e que nel se inclúan as propostas presentadas no Proxecto de Lei de Acceso á Información en poder das diferentes Administracións, presentado o ano pasado ante todos os grupos parlamentares, e que si afectaría de modo vinculante á toda a información que as e os cidadáns teñen dereito a receber das administracións.

0 comentarios:

Publicar un comentario