Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC apresenta un informe sobre a traxectoria da subdelegada do Goberno na Coruña

Written By Virgulino on 26/4/07 | 10:43

Analisa a evolución e o fondo xurídico das cargas policiais na cidade nos últimos anos

O Movemento polos Dereitos Civís vai presentar mañá na Coruña o Informe “A Coruña: golpear contra o que se mova”, no cal se fai unha análise descritiva e xurídica dos casos de emprego da forza policial que tiveron lugar na Coruña nos últimos anos, que nos están amparados pola lexislación vixente e son supostos de violencia inadmisibles no Estado de Dereito. O MpDC valora o cambio de tendencia na Delegación do Goberno en Galiza, e como afectou a distintas expresións da mobilización social, como funcionarios municipais, traballadores do telemarketing, traballadores inmigrantes, siareiros de fútbol, etc...

Na presentación falarán Xosé Vicente, do MpDC, e Xosé Brandariz, profesor de Dereito Penal na UdC, para presentar o informe, e varios dos afectados nos movementos sociais que sufriron estas actuacións: Roberto Tizón, responsábel da sección sindical da CIG no Concello de A Coruña e desaloxado da acampada Obelisco, Mónica Díaz, vicepresidenta do Comité de Empresa de Atento-Coruña, e Diego Bernal, membro de Siareir@s Galeg@s.

0 comentarios:

Publicar un comentario