O Concello de Fisterra podería carecer dos permisos para instalar videocámaras no colexio “Mar de Fóra”
Written By Virgulino on 25/4/07 | 11:06
Non aclarou se pediu os permisos á Comisión de Garantías de Videovixilancia
O MpDC reclama outro tipo de medidas, xa que o “botellón” non é un problema de seguridade cidadá
O Concello de Fisterra anunciara en xaneiro o seu propósito de instalar videocámaras para seguir á mocidade que fai botellón nas instalacións do CEIP “Mar de Fóra”. Agora é a ANPA a que acusa ao Concello de incumprir a súa palabra, pero o que o Concello non aclarou é se solicitou os permisos pertinentes da Comisión de Garantías da Videovixilancia, e se a resposta foi afirmativa. O alcalde José Manuel Traba vén de asegurar que falta a autorización do Consello Escolar e do Claustro, pero podería faltar o permiso legalmente máis importante, xa que en teoría é o que vela polos dereitos cidadás.
Para poder instalar videocámaras é preciso que se acredite a idoneidade da súa instalación nunha ubicación concreta e o seu carácter excepcional. Así, a Lei de Videovixilancia establece un equilibrio entre o determinados dereitos (ao honor, intimidade e á propia imaxe) e a seguridade cidadá, onde só se pode limitar o dereito á intimidade en “situacións concretas para salvagardar a seguridade cidadá”. Como é obvio, a instalación de vídeocámaras coa excusa de resolver os problemas do botellón non xustifica a excepcionalidade deste motivo de control, polo que agardamos que a Comisión de Garantías da Videovixilancia desestime a instalación das mesmas.
O MpDC considera que o botellón non é en absoluto un problema de “seguridade cidadá”, senón que xera outro tipo de problemas (ruido e suciedade, fundamentalmente) que requiren outro tipo de solucións. Mais unha das solución máis erradas é probabelmente a de espiar e gravar á mocidade, en vez de percurar solucións dialogadas que partan da defensa do uso dos espazos públicos, e promover outro tipo de medidas para solucionar os problemas de convivencia que xere o botellón; non podemos aceitar as solucións punitivas do mesmo xeito que non pode ser a policía (que sería a encargada legalmente de supervisas as gravacións) a encargada de xestionar os problemas que xera o botellón, xa que aumenta unha sensación de criminalización do ocio xuvenil.
O MpDC propón outro tipo de medidas para evitar estes altercados, como por exemplo campañas explicativas e divulgativas sobre a contaminación acústica, sobre o lixo nas rúas, e demáis problemas derivados das saídas nocturnas.
Por todo isto, o MpDC solicita ao concello de Fisterra que non instale as mencionadas cámaras de videovixilancia e que en todo caso cumpra co que establece a normativa e os procesos garantistas da lexislación a este respecto.
Etiquetas:
Concello de Fisterra,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario