Tamén realizou rexistros e seguimentos ilegais
A Dirección Xeral de Interior da Xunta négase a investigar, pero o caso está denunciado xudicialmente
O MpDC quer poñer en coñecemento da opinión pública uns feitos delictivos e preocupantes que relevan un novo abuso e extralimitación nunha actuación policial, e que neste caso atinxen a un Inspector Xefe e a varios axentes da Policía Autonómica de Galicia, e contra os que xa hai presentada unha denuncia.
En concreto, un Inspector da Policía Autonómica puido ter incurrido en delito de detención ilegal, coaccións e achandamento de morada ao reter á cidadá M.I. e inspeccionar o seu domicilio cando estaba a cumprimentar uns trámites para renovar a baixa do seu compañeiro no corpo policial. Durante a retención, xa inxustificada cando se trataba de entregar un documento, o Inspector obrigoulle a darlle o número de teléfono do axente de baixa baixo ameazas, e procedeu a chamalo. A continuación, o Inspector afirmou que estaban seguindo a M.I., e a afectada recoñeceu fisicamente á axente que a estivera a seguir. Ademáis, o inspector advertiulle que se non colaboraba, podería verse en problemas. A continuación, a Policía Autonómica conduciu á denunciante até o seu domicilio –non coche da policía sen rotular- para buscar ao axente de baixa e foi obrigada non só a mirar se se atopaba alí, senón que o inspector entrou sen o seu consentimento no seu domicilio e rexistrou todas as habitacións e caixóns da casa. Finalmente, ao saír do domicilio, tentaron volver levala a comisaría no coche policial; sen embargo, ela negouse e os axentes deixárona e recolleron finalmente o documento. A denunciante sofreu un ataque de ansiedade despois da presión e o medo que provoca unha actuación policial como esta, e ao día seguinte recebeu de novo unha chamada do inspector da Policía Autonómica con novas ameazas e aludindo de novo a que se non pasaba o axente pola comisaría ela ía ter problemas.
Do MpDC queremos dar a coñecer ante a opinión pública este novo e escandaloso abuso das forzas de seguridade; a Policía Autonómica non pode practicar detencións ilegais e realizar seguimentos e rexistros sen ningún tipo de autorización legal, nen ameazar a cidadáns, ao máis puro estilo mafioso, con posíbeis “problemas” indefinidos e fóra da Lei.
O MpDC vén solicitando hai tempo o esclarecemento por parte da Policía Autonómica, e a Dirección Xeral de Interior da Xunta respondeu que lle constaba a existencia dun procedimento penal pero non iniciou ningunha investigación propia, e que, a pesar da gravidade do denunciado, “non existe o máis mínimo indicio que xustifique instar o exercicio da potestade disciplinaria á Dirección Xeral de Policía.
Ademáis, para afondar nas irregularidades, tamén se deron no proceso xudicial, xa que a Policía xa declarou nunha ocasión sen a presenza de avogado. Exiximos unha investigación dos feitos e unha desculpa pública da Policía Autonómica por esta actuación dun dos seus superiores, que deberá responder persoalmente ante a Xustiza.
A Policía Autonómica ameazou e detivo ilegalmente a unha cidadá
Written By Virgulino on 25/4/07 | 11:06
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario