Foran retidos mentres repartían panfletos nas portas dun centro educativo
Os dous mozos da organización xuvenil foron retidos e levados á comisaría para a súa identificación polo mero feito de estar realizando un reparto, totalmente pacífico, de información e publicidade sobre a súa asociación ás portas do IES Daviña Rei.
O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) dirixiuse o ano pasado á Delegación do Goberno en Galiza para solicitar o esclarecemento da identificación en Monforte de dous mozos da organización xuvenil Galiza Nova cando simplemente estaban a repartir propaganda política. A Subdelegación do Goberno de Lugo estima sen ter realizado investigación algunha que a actuación “foi axustada” e o Defensor dilata o proceso sen investigar.
En concreto, os dous mozos da organización xuvenil foron retidos e levados á comisaría para a súa identificación polo mero feito de estar realizando un reparto, totalmente pacífico, de información e publicidade sobre a súa asociación ás portas do IES Daviña Rei.
A Comisaría de Monforte, inquerida pola Delegación do Goberno, sinalara a este organismo que a súa actuación se realizou dacordo co plan de respostas ao tráfico minorista e consumo de drogas en centros educativos. O corpo de seguridade sinalaba sorprendentemente que procedeu a identificación ante a posibilidade de que os mozos puideran estar empregando o reparto de panfletos, dunha organización legal, para acercarse aos alumnos, non causar sospeitas e ter intencións delictivas.
O Defensor del Pueblo vén de remitir un escrito ao MpDC, despois de que este solicitara formalmente unha investigación, no que se pide a este organismo a información da que xa dispoñen (número de rapaces identificados, hora do suceso, etc...) en vez de iniciar directamente unha investigación.
O MpDC denuncia esta persecución por considerar que os axentes utilizan dunha forma deturpada este plan que xa fora denunciado no seu día por criminalizar a calquera persoa que se atopara nas cercanías dun centro estudiantil. Segundo o artigo 1.1 da Lei de Seguridade Cidadá, os axentes deberían protexer o dereito de libre asociación, e actuar con finalidade de erradicar a violencia e previr delicto sen faltas, non atopándose a actividade cidadá de repartir folletos sobre unha asociación comprendida entre os denominados actos delictivos.
Ao igual que no momento dos feitos, o MpDC segue a exixir o esclarecemento da proporcionalidade das medidas adoptadas e da conformidade coa legalidade vixente.
Máis unha vez, o MpDC lamenta a escasa vontade da Delegación do Goberno e do Defensor del Pueblo a colaborar de forma efectiva na investigación destes abusos.
Nese sentido o MpDC plantéxase a abertura da vía cotenciosa para que se aclare en que se fundamentou a Delegación do Goberno para afirmar que a actuación da Policía Nacional buscaba “garantizar os dereteitos e libertades”.
A Delegación do Goberno e o Defensor del Pueblo non esclarecen a identificación de dous mozos en Monforte
Written By Virgulino on 26/3/07 | 12:53
Etiquetas:
Actuacións Policiais,
Concello de Monforte,
Defensor del Pueblo,
Delegación do Goberno
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario