O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 d’A Coruña vén de admitir a trámite un recurso contencioso interposto polo Movemento polos Dereitos Civís pola instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na estación de autobuses sen autorización.
O Concello da Coruña xa rectificara a súa propia opinión sobre a instalación destes dispositivos, xa que negaba a necesidade de contar cunha autorización previa, algo que despois recoñeceu.
Segundo a LO 4/1997, o concello de A Coruña está a vulnerar a normativa como mínimo en dous aspectos esenciais: para a instalación destes dispositivos é necesaria a autorización do Delegado do Goberno, previo informe da Comisión de vídeo vixilancia, e estas cámaras foran instaladas ao desprazar as previamente instaladas noutras prazas de cidade, e a vixilancia ten ser realizada polas Forzas de Seguridade do Estado e non directamente por funcionarios do concello, como ao parecer sucede neste caso.
Por último, o artigo 6 da LO 4/1997 establece que o emprego de vídeocámaras estará presidida polo principio de proporcionalidade, na súa dobre versión de idoneidade e de intervención mínima, principios que quedan un tanto en entredito nesta actuación do concello de A Coruña.
Outro xulgado xa admitira un recurso fundamentado na falta de contestación por parte do Concello de Compostela ás peticións de acceso aos permisos, que formulara en repetidas ocasións o MpDC. Nun claro precedente, chegarase a suspender o funcionamento das cámaras por falta de permisos e o asunto chegara a ser estudado polo Defensor do Pobo, que sen embargo tampouco entregara a documentación pertinente. No último ano, os concellos de Boiro e Lugo tamén estudaron a idea de colocar vídeocámaras para a continuación desestimala.
O MpDC entende que non existe necesidade de colocar estes dispositivos en ningún lugar público da Coruña, e menos aínda incumprindo a lexislación, e solicita que estas cámaras sexan retiradas no menor tempo posible e tamén que a Delegación do Goberno actúe e sancione á entidade local herculina
Admitida a trámite unha denuncia contra o Concello da Coruña pola instalación de videocámaras na Estación de Autobuses
Written By Virgulino on 26/3/07 | 17:10
Etiquetas:
Concello da Coruña,
Concello de Boiro,
Concello de Lugo,
Delegación do Goberno,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario