Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Deputación da Coruña rexeita cofinanciar un programa de obradoiros nos centros de ensino sobre igualdade

Written By Virgulino on 22/3/07 | 12:32

Non inclúe a educación para a igualdade como actividade a desenvolver nos centros do ensino



A Deputación da Coruña lanzou unha convocatoria de subvencións para cofinanciar os servizos sociais especializados e o fomento da igualdade de oportunidades. O MpDC solicitou participar no programa de servizos sociais especializados, cunha proposta de realización de obradoiros nos centros de ensino da provincia da Coruña, en 1º e 2º de bacharelato, dentro dun programa titulado “O artigo 14 da constitución, igualdade só ante a Lei ou igualdade real”. A área de servizos sociais da Deputación da Coruña desestimou por completo a petición, afirmando que non era obxeto da convocatoria.

O MpDC apresentaba un proxecto de valor educativo e cívico para todos os IES da Coruña ue prevía unha breve introducción sobre o artigo 14 da Constitución: significación, desenvolvemento lexislativo, diferentes leis do Estado e CCAA, asi como unha breve evolución histórica. Entendemos que o coñecemento dos dereitos que nos asisten actualmente, e da súa progresión no tempo, é fundamental na escola para formar unha cidadanía consciente e para avanzar no recoñecemento de máis dereitos. Por último, os obradoiros pretendían unha reflexión participativa na que as rapazas/es analicen se existe no seu entorno esa igualdade recoñecida formalmente e argumentos educativos para o respeto da mesma.


Por último, aínda que o MpDC entende que o proxecto encaixaba no ofertado, a Deputación Provincial da Coruña debeu atender a solicitude na área de educación, mais sorprendentemente a Deputación non inclúe a educación para a igualdade como actividade a desenvolver nos centros do ensino.

0 comentarios:

Publicar un comentario