Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Un axente da Policía Nacional de Santiago fai público un expediente cos antecedentes penitenciarios dun cidadán

Written By Virgulino on 2/1/07 | 12:14

Un axente da Policía Nacional de Santiago fixo público parte dun expediente cos antecedentes penitenciairos dun cidadán santiagués. Este feito fixo que a xefa desta persoa, que traballaba como camareiro, o despedise sen que cometera ningún outro delito máis que polo seu pasado.
Por este feito, según puido coñecer o MpDC, a persoa despedida inxustamente presentou unha denuncia contra a Policía Nacional polo Delicto de Descubrimento e Revelación de segredos, recollidos nos artigos 197 a 201 do Código Penal, dentro do seu título X referido aos Delictos contra a Intimidade, o Dereito á Propia Imaxe e a inviolabilidade do domicilio, e polo Delicto de Infidelidade na custodia de documentos e Violación de Segredos, dos artigos 413 a 418, incluídos dentro do Título XIX dos Delcitos contra a Administración Pública.

Os feitos ocorreron fai un mes cando a propietaria dun local hosteleiro de Santiago comunicaba o despido a un dos seus empregados sen razón ou motivo aparente. O despedido, abraiado polos feitos, regresou ao día seguinte a aclarar a situación e a reclamar unhas horas extras que aínda que non foran remuneradas.

O inadmisibel deste feito foi que a súa xefa, até entón, explicoulle, de malos modos que o seu despido fora motivado polo feito de que se enterara dos seus antecedentes policiais, e ao descubrir que tiña ficha policial, decidiu prescindir dos seus servizos.

Ao día seguinte, sospeitando que o seu dereito á intimidade fora vulnerado e sabendo que esta información só podía provir de fontes policiais, o denunciante, acudiu novamente á cafetería onde traballaba para tentar coñecer máis datos sobre o coñecemento da súa xefa dos seus antecedentes. Esta vez, acode cunha gravadora oculta por se coas súas palabras poidera confirmar algunha das súas sospeitas.

Unha vez no lugar solicita falar coa xefa que se atopa nese momento con unha persoa vestida de rúa, que se identifica coa súa placa policial, non podendo distinguir o número de identificación pola rapidez dos feitos, e que o obriga a sair da cafetería agarrándoo por un brazo.

O denunciante volta a entrar solicitando falar coa dona da cafetería que accede a falar con él. Reclámalle de novo as horas e ela acúsao de roubo, referíndose como proba deste feito a que xa ten antecedentes por isto, dicindo “estás fichado e sábelo”. A dona do local recoñece que alguén lle filtrou esta información pero négase a dicir a identidade desta persoa.

Independentemente do que a gravación poda demostrar parece claro que a xefa coñecía datos da súa ficha policial, datos que non foron facilitados polo denunciante, e que só poideron chegar ao seu poder a través de fontes policiais, versión que cobra máis forza, en tanto en canto, un axente de policía mantén, aparentemente, unha relación de amizade coa xerente da cafetería.

Por estes motivos, esta persoa decidiu presentar unha denuncia para esclarecer de onde saiu a información sobre a súa ficha policial e conseguir que o axente responsable pague todo o dano que lle causou, quedando sen traballo e en condicións nada favorables para atopar un novo pola súa reputación.

Dende o MpDC queremos denunciar que, continuamente, os axentes de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado están a vulnerar os dereitos dos cidadáns, extralimitándose das funcións encomendadas e empregando o seu cargo para facer xustiza pola rúa segundo lle conveña. Esta actuación narrada anteriomente non é un feito illado.

0 comentarios:

Publicar un comentario