Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pregúntalle ao alcalde si mantén a proposta de concederlle o nome dunha rúa a Fraga tras saber que tiña un líder da Triple A como gardacostas

Written By Virgulino on 4/1/07 | 13:04

Nestes últimos días, segundo publicaban os xornais do estado español, un ex escolta do ex presidente da Xunta de Galiza e ex ministro franquista Manuel Fraga, foi detido presuntamente por liderar unha organización terrorista, a Alianza Anticomunista Arxentina, máis coñecida como Triple A arxentina.
A xustiza do país sudamericano impútalle a Almirón Sena, que así se chama o presunto terrorista, delitos de asociación ilícita e dobre homicidio. Á esta organización atribúenselle decenas de atentados e ameazas que obrigaron a artistas e intelectuais a exiliarse.

Na súa estadía en España, dende 1975, participou xunto con Fraga, nos sanguentos sucesos de Montejurra (Navarra), onde pistoleiros de extrema dereita dispararon contra varios carlistas progresistas e mataron a moitos deles. No ano 1983 saía á luz que traballaba como xefe de seguridade do entonces líder de Alianza Popular, Manuel Fraga Iribarne.

Por estes motivos, o MpDC pregúntalle ao alcalde Sánchez Bugallo se continúa coa súa proposta firme de dedicar unha rúa ao ex presidente da Xunta Manuel Fraga, despois de coñecer día tras día, máis información sobre o seu escuro pasado, involucrado en moitas morte durante a súa etapa no franquismo.

Feitos como o de contratar como xefe de seguridade a un membro dunha organización terrorista non é un dato illado na historia de Manuel Fraga. Por estes motivos, esta persoa non merece o galardón de que Compostela conte cunha rúa que leve o seu nome, cando moitas persoas sufriron os seus ataques, moitas deles, incluso, perdendo a súa vida só polo feito de opinar de xeito distinto.

Por outro lado, a plataforma Rúa Fraga NON dirixirase esta semana ao Defensor del Pueblo para solicitar que esixa ao concello de Santiago resposta sobre a súa solicitude de reunión, amparándose no Dereito de Petición, recollido na CE.

Este colectivo solicitara no seu día unha xuntanza con Bugallo para expresarlle a súa opinión sobre a iniciativa de adicar unha rúa a Fraga e tamén para facer propostas distintas, aportando nomes doutras persoeiras e doutros persoeiros da cultura galega que si merecen este privilexio. Ata o momento, a plataforma non recibiu resposta algunha por parte da entidade compostelá.

1 comentarios:

Luisfoz dijo...

Considero que vai chegando o momento de elaborar um dossier completo sobre esta triste história. Se calhar poderia-se aguarda às eleiçons locais já que nom parece que a iniciativa vaia ser efectivizada antes e isso poderia mudar a situaçom. Porque nom pedir-lhe ao BNG umha posiçom clara perante esta nominaçom no seu programa municipal para Compostela

Publicar un comentario