Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O concello de Santiago segue a incumprir a ordenanza municipal de publicidade estática e dinámica

Written By Virgulino on 2/1/07 | 12:12

O concello de Santiago segue a incumprir a ordenanza municipal de publicidade estática e dinámica que foi aprobada o 12 de febreiro do 2003, despois de diversas protestas e solicitudes dos colectivos e diversas asociacións que se atopaban sen lugares específicos onde colgar os seus cartaces informativos ou programacións. Case catro anos despois a situación é a mesma.
Esta ordenanza perseguía, entre outros cometidos, o mantemento das condicións de limpeza e pulcritude que esixen o ornato e a estética da cidade. Entre as iniciativas que querían erradicar eran as os murais que se viñan facendo nos diversos muros da cidade.

O curioso desta medida é que para facer desaparecer un destes murais ou graffitis os operarios do concello fan unha pintada por encima, tratando de tapar a primeira pero conseguindo un efecto antiestético peor; logrando únicamente a eliminación da mensaxe que transmitía o mural. Motivo polo que o MpDC considera que se dá mais unha situación de censura que de garantía do ornato e da estética da cidade.

Un caso concreto, recollido nestes días nos medios, é a disputa que existen entre a Gentalha do Pichel e o concello de Santiago pola “supremacía” nun muro colocado en Santa Clara. Os membros da Gentalha fixeron un mural que rezaba “Compostela 100 % em galego”. O chamativo deste caso foi que os operario municipais pintaron cunha cor transparente por encima, polo cal se continuaba vendo o que había debaixo pero completamente emborronado.

O efecto producido, valorando o seu cometido estético, principio teórico que buscaba defender a ordenanza municipal, queda aquí en entredito. O concello de Santiago, para cumprir o exposto na normativa sobre publicidade estática, tería que tapar o mural de xeito claro tapando a anterior inscripción e sen romper a estética co entorno.

Pero este feito non é illado, pois son moitos os muros que aparecen con pintadas por encima de murais con certo valor estético e mensaxes sociais, a modo de tachóns, que motias veces crean un efecto contrario e antiestético e incumpre a ordenanza.

Por este motivo, o MpDC solicitará ao concello que cumpra o disposto na ordenanza e, no seu defecto, en caso de que desoigan a nosa petición esta asociación presentará un contencioso administrativo contra tal entidade local.

0 comentarios:

Publicar un comentario