Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O PSdeG móstrase receptivo á creación da Axencia Galega de Boas Prácticas Policiais

Written By Virgulino on 13/12/06 | 19:21

O Movemento polos Dereitos Civís mantivo esta tarde unha reunión coa diputada do PSdeG no Parlamento de Galiza Beatriz Sestayo para presentarlle o texto do proxecto de lei para a creación da Axencia Galega de Boas Prácticas Policiais (AGBPP).
Na reunión, a parlamentar socialista mostrou a súa receptividade á creación dun órgano destas características que garanta a democracia, a imparcialidade e a participación cidadá no que atinxa á seguridade, e, polo tanto, no control das actuacións policiais.

Sestayo sinalou que para o seu grupo político é de vital importancia “a participación cidadá”, ben sexa a través da creación dun órgano independente como a AGBPP ou coa inclusión desta dentro da futura Lei para a creación da Policía Autonómica que se está a elaborar nestes días.

Según a diputada, para o conselleiro de Presidencia, Méndez Romeu, o fundamental que se debe conseguir coa Lei da Policía Autonómica é “dar protagonismo á cidadanía no control das actuacións policiais”.

Neste sentido, o MpDC leva traballando varios meses neste texto despois de constatar no seu traballo, dende a súa creación, a vulneración que os policías realizan na súa labor como garantía da seguridade cidadá. Casos como o da carga policial que tivo lugar hoxe en A Coruña contra os bombeiros pódense ver a cotío nos medios de comunicación, casos que moitas veces quedan na escuridade, sendo encubertos polos altos cargos ou mesmo polos propios compañeiros.

Coa creación deste órgano, todos os estamentos da sociedade estarían representados e poderían avaliar, xuzgar e sancionar conductas desmesuradas que se poden observar día tras día en Galiza: agresións ao cidadán senegalés Mamadou Kane en Vigo, agresións homófobas por dous policías locais de Santiago, cargas policiais concentración pro liberación de Palestina, as citadas cargas policiais contras os bombeiros da Coruña...

Estes son só unhos exemplos do que acontece a diario neste país e que coa creación deste órgano se poderían evitar ou cando menos, reducir e corrixir, tratando de que o culpable de tales atrocidades cumpra o seu castigo, cousa que na actualidade non ocorre.

0 comentarios:

Publicar un comentario