Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pregunta ao alcalde de Santiago si mantén en pé a súa proposta de outorgarlle unha Rúa a Fraga despois da defensa que fixo onte de Pinochet

Written By Virgulino on 13/12/06 | 12:44

O Movemento polos Dereitos Civís considera indignantes que o Sr.Sánchez Bugallo siga mantendo a proposta de concederelle o nome dunha rúa a Manuel Fraga despois de que este xustificara as vulneracións dos Dereitos Humanos comentidos por Pinochet.
É importante que o Sr. Sánchez Bugallo siga buscando alabanzas que xustifiquen a súa decisión de outorgarlle o nome dunha rúa de Santiago de Compostela a Manuel Fraga xa que este sigue acumulando razóns para non tela. Nesta ocasión o antigo presidente da Xunta de Galiza ven de xustificar a dictadurad Pinochet (centenares de miles de exiliados, miles de mortos e decenas de miles de torturados) pois, considera el, que deixou Chile millor do que a encontrou.

Para o Sr. Fraga, 17 anos de vulneracións dos dereitos humáns é un precio aceptable que o pobo chileno debeu pagar por ter votado a Salvador Allende. Non é de sorpreender esa postura cando o propio Sr. Manuel Fraga foi ministro dunha dictadura de 40 anos.

Por ese motivo o MpDC considera que o alcalde de Santiago debe aclarar dunha vez si sigue mantendo en pé a súa proposta e responda a petición a Plataforma "Rúa Fraga Non" fixo para ter unha reunión con el.

0 comentarios:

Publicar un comentario