Dende fai máis de 4 anos o Movemento polos Dereitos Civís mantén unha relación moi habitual coa Delegación do Goberno, a onde solicita distintos informes e documentación sobre outras institucións, sobre todo, aquela vinculada cos permisos para a instalación de cámaras de videovixiancia nos distintos concellos.
A eficacia desta institución, a Delegación, queda moitas vecen en entredito pois a pesar de que levamos tanto tempo de relación segue a demorar ou simplemente non responde aos requirimentos que se lle presenta. A pesar disto, sempre buscamos ter unha relación o máis fluída posible e acadar que se de resposta ás nosas peticións.
Recentemente, o MpDC solicitou información sobre catro asuntos relacionados coas cámaras de videovixiancia e actuacións policiais.
A Delegación do Goberno, nesta ocasión, decidiu solicitar, para contestar a estes escritos, a información de constitución legal do Movemento polos Dereitos Civís, ao que a nosa asociación respostou de forma inmediata, aportando todo o material solicitado.
A pesar disto, a institución dependente do Estado español enviou unha comunicación ao MpDC dicindo que non vai respostar aos escritos primeiros, referentes aos concellos antes citados, ata resolver o tema da documentación do MpDC, o que lle levará uns tres meses, según as súas palabras.
Por todo isto, o MpDC móstrase indignado pola demora na contestación da Delegación así como pola súa liña de actuacións, con constantes trabas á información cidadá, que debería ser un dos seus cometidos. Ante esta actuación, a nosa asociación remitiuse ao Defensor del Pueblo para resolver este problema que vulnera de xeito alarmante o Dereito de Petición, recollido na Constitución Española.
Ademáis, a actuación da Delegación non é un feito illado pois no informe anual ou Memoria do Defensor del Pueblo do 2005 cando recoñece a “existencia de Administraciones pertinazmente entorpecedoras”, as que non dan resposta ou aquelas outras que consume nos prazos con intencións que se nos escapan... A fin de contas, todos nós debemos educar para promover conciencia de ciudadanía.
A Delegación do Goberno en Galiza non da resposta a catro escritos distintos de solicitude de información do MpDC
Written By Virgulino on 4/1/07 | 13:07
Etiquetas:
Defensor del Pueblo,
Delegación do Goberno,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito de Petición
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario