Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pedirá ao “Valedor do Pobo” que acumule, á queixa aberta contra o concello da Pobra de Trives, o veto a un congreso de Manuel Luis Acuña

Written By Virgulino on 10/11/06 | 12:30

O concello da Pobra de Trives xa foi denunciado por prohibír a membros dunha asociación xuvenil a exhibición dunha curtometraxe sobre Che Guevara no local da casa da cultura da localidade ourensá.
A Actitude que ven mantendo o Alcalde de Trive é manifestamente contraria á Liberdade de expresión ao manifestar razóns abosolutamente rídiculas para xustificar o seu veto a toda iniciativa que non conte có seu beneplácito.
O pasado 31 de outubro do 2005 un representante dunha asociación xuvenil solicitou ao concello colaboración para a proxección dun documental “Che Guevara, donde nunca jamás se lo imaginan” no local da casa da cultura.
A resposta negativa por parte do concello prodúxose un mes despois prohibindo tal exhibición aludindo a que a casa da cultura non pode acoller actos de partidos ou agrupacións políticas. Algo absolutamente fora de lugar cando estamos falando dunha asociación xuvenil.
Nesta ocasión o Sr. Alcalde ven de por reticencias á realización da Terceira Edición do Congreso Manuel Luis Acuña alegando precisamente condicionantes referidos a utilización política do local.
Das declaración do Sr. Alcalde de Trives pódese deducir que é el quen intenta politiza o acto ao porlle condicionantes aunha actividade cultura por que considera que non tivo suficiente protagonismo político.
Neste sentido o MpDC enviará a información que recabe ao Valedor do Pobo pare axunte ao expediente aberto e recomende ao Alcalde de Trive que respecte a Liberdade de Expresión.

0 comentarios:

Publicar un comentario