Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Delegacion do Goberno sinala que non ten coñecemento da intención do concello de Ares de instalar varias cámaras de videovixiancia

Written By Virgulino on 10/11/06 | 12:25

A Delegación do Goberno en Galiza sinalou, a través dun documento enviado ao Movemento polos Dereitos Civís, que non ten constancia por escrito da intención do concello coruñés de Ares de instalar varias cámaras de videovixiancia nos arredores da Casa Consistorial.

Dende a nosa asociación consideramos inadmisibel que unha entidade como o concello de Ares plantexe a posibilidade de utilizar dispositivos de gravación audiovisual para vixiar o edificio consistorial e non teña solicitado ningún permiso ás institucións pertinentes, neste caso a Delegación do Goberno.

Cando o MpDC se fixera eco da intención do alcalde de Ares, enviamos un escrito á este institución pedindo que se desbotara esta idea pero aínda non se obtivo resposta.

O MpDC considera que a instalación destes dispositivos pode privar do dereito fundamental ao honor, intimidade e á propia imaxe, polo que debe darse puntual cumprimento aos trámites e requisitos esixidos pola Lei para a colocación de cámaras de videovixiancia, recollido na Lei Orgánica 4/1997 do 4 de agosto.

Así pois, nesta lexislación referente aos dispositivos de control establécese un equilibrio entre o citado dereito ao honor, intimidade e propia imaxe, e a seguridade cidadá, onde se pode limitar o dereito á intimidade en “situacións concretas para salvagardar a seguridade cidadá”. Por todo isto, o MpDC considera que a instalación de cámaras co único fin de intimidar a quen realiza unhas pintadas non é congruente co espírito da lei.

Por todos estes motivos, esta asociación pedirá explicacións ao concello de Ares sobre a intención do alcalde de colocar este dispositivos sin solicitar previamente o pertinente permiso.

0 comentarios:

Publicar un comentario