Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC felicita ao concello de Boiro pola decisión de non instalar cámaras de videovixiancia na vila

Written By Virgulino on 15/11/06 | 12:49

O Movemento polos Dereitos Civís celebra a decisión do concello coruñés de Boiro de desbotar a iniciativa de instalar cámaras de videovixiancia para controlar as zonas de marcha os fins de semana. Considera que é un exemplo a seguir por outras localidades.
Nunha reunión celebrada cos hosteleiros o pasado 3 de novembro, o goberno local optou por instalar sonómetros naqueles locais hosteleiros expedientados con anterioridade debido a un exceso de ruido.

Trátase de uns aparatos que transmitirán por GPRS, a un ordenador central e en tempo real, os datos referidos aos niveis de ruido e ás franxas horarias nas que se produce. Os datos serán remitidos desde a central á Policía Local de Boiro.

Por estes motivos, o MpDC quere felicitar ao concello de Boiro por desbotar esta iniciativa que vulneraría de forma clara o dereito á intimidade dos cidadáns desta localidade coruñesa co único fin de evitar ruído, cousa que se pode conseguir mediante outros mecanismos que non vulneran ningún dereito, como poden ser os citados sonómetros.

0 comentarios:

Publicar un comentario