Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC insta ao Xulgado da Coruña a que se pronuncie sobre a denuncia penal que presentou contra Paco Vázquez

Written By Virgulino on 15/11/06 | 12:51

O Movemento polos Dereitos Civís pediu ao Xulgado de
Instrucción Número 4 da Coruña que valore a sentenza sobre o caso do
topónimo da Coruña de cara á pronta resolución do recurso interposto por
esta asociación.

O MpDC presentou no seu día unha denuncia penal por prevaricación e desobediencia por gastar 300.000 euros na defensa legal cando o que se pedía era manifestamente ilegal.

Dende a nosa asociación tamén fixemos fincapé na denuncia no incumplimento da entidade dirixida naquel momento por Francisco Vázquez das sentenzas do Tribunal Supremo. No seu día, o xulgado arquivou a denuncia do MpDC por recomendación do Fiscal e solicitamos, mediante un recurso, que se retome de novo.

Ademáis, tamén adxuntamos, xunto coa solicitude de que se valore o recurso, a sentenza do contencioso, presentado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e lle axude ao Xulgado da Coruña a observar como o concello cometeu varios delitos.

Por un lado, a Xurisprudencia do Tribunal Supremo esixe para o delicto de desobediencia regulado no artigo 140 do Código Penal dous elementos necesarios, por un lado un elemento obxectivo, cal é unha negativa “aberta” a dar cumprimento a unha resolución dictada, neste caso por un órgano xudicial e doutro lado un elemento subxectivo consistente en que dito incumprimento se faga de maneira voluntaria e intencional.

No caso do concello da Coruña, quedan claramente demostradas as dúas. En primeiro lugar, como elemento obxectivo está o feito de adoptar un acordo como o que adoptou a entidade local o 2 de novembro do 2004, habendo unha sentenza do Tribunal Supremo do 25 de setembro do 2000 que interpreta literalmente o Decreto da Xunta 146/1984.

Este decreto sinala que os topónimos de Galiza teñen como única forma oficial a galega. O acordo municipal non fai máis que por de manifesto a negativa da súa corporación a acatar a referida sentenza.

En segundo lugar, esta conducta por parte do concello non só mostra unha negativa pasiva, senón que incluso adopta dito acordo, e polo tanto ten unha conducta activa, sabendo da ilegalidade do mesmo, deducida das sentenzas precedentes.

0 comentarios:

Publicar un comentario