Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O delegado do Goberno en Galiza négase a manter unha xuntanza co MpDC para tratar a situación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

Written By Virgulino on 28/11/06 | 14:23

O delegado do Goberno en Galiza, Manuel Ameijeiras, manifestou a través dun escrito, a súa total negación a manter unha xuntanza cos representantes do Movemento polos Dereitos Civís para tratar a situación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e as máis que habituais, nas últimas datas, situación de abuso e extralimitación das súas funcións.
O MpDC, no seu traballo diario, denuncia constantemente casos nos que os axentes, tanto da Policía Nacional ou Autonómica e a Garda Civil, excédense nas súas funcións e actúan, cunha total vulneración da lei, atentando contra os dereitos dos cidadáns.

Por este motivo, a nosa asociación solicitou no seu día unha reunión coa Delegación do Goberno para proporlle que todos os axentes recibiran formación en dereitos civís. Esta iniciativa posibilitaría, dende o punto de vista do MpDC, que todos coñeceran onde está o límite da legalidade, liña que moitas veces sobrepasan vulnerando os dereitos dos cidadáns galegos e estranxeiros.

No escrito, Ameijeiras sinala que “as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado teñen un alto nivel de profesionalidade e dispoñen dunha formación continuada que lles facilita a Dirección Xeral da Garada Civil e a Dirección Xeral da Policía, así como os distintos programas de formación dos Ministerios e do Instituto Nacional de Administración Pública”.

Como pode observarse nos medios de comunicación, cada día nalgunha parte do España un axente agrede ou viola os dereitos dalgún cidadán, polo que a opinión do delegado do Goberno dista moito do que acontece na realidade.

En Galicia, o MpDC, constatou no seu traballo diario, que son moitos os casos nos que a poboación se sente indefensa ante o trato vexatorio e intimidatorio que reciben dos axentes, escudados na súa pertenza ás Forzas do Estado e amparados pola mala xestión e o incubrimento do Delegado do Goberno, que, en lugar de recoñecer erros na operatividade, gaba aos axentes dos mesmos, pola súa “adecuda” formación.

0 comentarios:

Publicar un comentario