Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC solicitará que se investigue a actuación policial na detención de dúas persoas que se manifestaban a prol da liberación de Palestina

Written By Virgulino on 23/11/06 | 13:47

O Movemento polos Dereitos Civís solicitará ante as institucións pertinentes que se investigue a actuación policial na detención de dúas personas que se manifestaban pacificamente apoiando a liberación de Palestina. Os feitos ocorreron fronte á Aula Sociocultural de Caixa Galicia, onde o ex ministro de Israel Shlomo Ben Ami pronunciaba unha conferencia.
Durante o trascurso da manifestación totalmente pacífica, na que participaban un cento de persoas, os axentes empregáronse cunha dureza desproporcionada contra os cidadáns que alí se atopaban.

Segundo as asociacións participantes, o dispositivo, unha grilleira na gasolineira de Xoan Carlos I, varias furgonetas arredor da Libraría Follas Novas, policía antidisturbios como axentes de paisano, totalmente desproporcionado.

Estas dúas persoas foron detidas ao comezo, cando había pouca xente, co argumento de chamaren “terroristas” aos policías, cando realmente o que berraban eran consignas como “Estado de Israel terrorista”.

Dende o MpDC, queremos recalcar o feito de que cada día, os axentes de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, actúan de maneira desproporcionada, vulnerando a lei e atentando contra os dereitos dos cidadáns.

Por todos estos motivos, esta asociación que leva durante anos velando polos dereitos civís en Galiza solicitará que se investiguen todas e cada unha das actuacións dos policías que interviron nesta operación para disuadir unha manifestación pacífica.

1 comentarios:

Carmen M.C dijo...

¿Será verdad que alguien se va a tomar en serio un hecho tan lamentable como este?
¿Será posible que alguna vez,la gente de bien nos unamos para defender nuestra libertad,nuestras ideas,todo aquello que hace de cada persona un ser único y elemento fundamental de una sociedad plural?
El maltrato es una grave humillación a la dignidad de la persona.Nadie lo duda y a nadie se le ocurriría cuestionar las ideas políticas o religiosas o de cualquier otra índole de todas aquellas mujeres que han sido víctimas de la barbarie a manos de sus parejas,y que están en la memoria de todos.
Sin embargo,cuando algún miembro de las Fuerzas de la seguridad del Estado,actúa de forma incontrolada,¿qué pasa?,¿no pasa nada?.¿Donde están los políticos?¿No les pagamos para que trabajen...?Pues que lo hagan¿no?

Publicar un comentario