Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC esixe ao concello de Ribeira que non instale dispostivos de videovixiancia para controlar a zona azul da localidade coruñesa

Written By Virgulino on 30/11/06 | 13:40

O Movemento polos Dereitos Civís esixirá ao concello de Ribeira que non instale dispositivos de videovixiancia para controlar a zona de estacionamento denominda “zona azul” da localidade coruñesa. Esta iniciativa da entidade local saía publicada nos últimos días nos medios de comunicación.
Según se publicaba, o edil ribeirense manifestaba que a Policía Local se fixera cun dispositivo de videovixiancia para controlar o contorno do Concello, e as rúas Mariño de Rivera e Rosalía de Castro.

Para o MpDC non parece de recibo que para controlar posibles infractores no estacionamento dos seus vehículos se recurra a un aparello de videovixiancia que vulnere as 24 horas do día os dereitos dos cidadáns que pasen por esas rúas, moitos deles, transeúntes de a pé que non teñen na da que ver co cometido para o que serían instalados eses dispositivos.

Según a Lei Orgánica 4/1997 a intalación destes dispositivos debe respostar a unha doble vertente de proporcionalidade e idoneidade. Podemos constatar que a colocación de cámaras para vixiar posibles delictos de aparcar sen retirar o tícket non se corresponde con ningún destes dous principios. Nin o de proporcionalidade, pois a falta cometida non se pode xustificar coa instalción de cámaras, e coa idoneidade, porque non é a mellor medida.

Por este motivo, a nosa asociación esixirá ao concello de Ribeira que reflexione sobre esta iniciativa do seu rexidor e contemple outras posibilidades, xa que o emprego de dispositivos que vulneren os dereitos cidadáns non é a mellor solución.

Por outro lado, o MpDC tamén se dirixirá á Delegación do Goberno en Galiza para coñecer si o concello ribeirense conta cos permisos pertinentes para a instalación dos mencionados dispositivos e, en caso contrario, aplique as pertinentes sancións.

Como é sabido, para instalar calquera tipo de sistema de videovixiancia é preciso solicitar previamente os pertinentes permisos á Comisión de Garantías de Videovixiancia, dependente da Delegación do Goberno, e renovar os permisos frecuentemente.

No noso traballo diario, poidemos constatar que moitas entidades locais que se decantan por instalar cámaras non coñecen os pasos previos pertinentes e incumplen de xeito claro a normativa a este respecto.

0 comentarios:

Publicar un comentario