Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O concello de Vigo considera suficiente a formación en dereitos da Policía Local a pesar de que catro dos seus efectivos foron condeados por tortura

Written By Virgulino on 22/11/06 | 13:26

O concello de Vigo considera suficiente a formación en dereitos cidadáns da Policía Local a pesar de que catro dos seus axentes foron condeados por tortura contra o cidadán senegalés Mamadou Kane. Esta entidade local non descarta empregar estes axentes en futuras labores de vixiancia.
O MpDC solicitou, a través dun escrito, que se lle asignaran funcións administrativas aos policías condeados no seu regreso ao seu cargo así como a conveniencia da realización de cursos para estes e, en xeral, para todo o plantel da Policía Local de cara a prevención de actitudes violentas, como as agresións contra o cidadán senegalés Mamadou Kane.

O paradóxico deste caso de abuso total dos axentes vigueses é que o xefe de Recursos e Asesoramento do concello de Vigo, Javier González, considera que os axentes, no seu día condeado, deben regresar aos postos para os que foron designados, segundo o artigo 6.6 da Lei 2/1986 do 13 de marzo.

Para o MpDC é totalmente inadmisibel que unha entidade pública e local poña en perigo a integridade dos seus cidadáns readmitindo nos seus postos a catro axentes que fixeron un uso abusivo da súa autoridade. Ademáis, o concello vigués, no canto de apartalos a labores administrativas, considera que a formación de todos os policías locais é a suficiente e non ten pensado modificar o seu modo de xestión.

Nun hipotético e non desexado caso como o acontecido con Mamadou Kane sería o propio concello o responsable de tales feitos por considerar que a preparación destes axentes é a adecuada, cando quedou claramente demostrado o contrario.

Non parece de recibo, que neste caso dun claro abuso de autoridade por parte dos 4 axentes, estes regresen como se non pasara nada aos seus postos que desempeñaban antes de que ocorreran os feitos, estando de novo en contacto cos cidadáns vigueses, podendo repetírense situacións como as pasadas.

Por todo isto, o MpDC solicita que se revise a atribución das funcións que van desempeñar estes catro axentes na súa volta ao traballo así como unha constante formación para concienciar aos Policías Locais das súas funcións, e evitar que se extralimiten cometendo abusos de autoridade, que moitas veces conlevan agresións.

0 comentarios:

Publicar un comentario