Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo está a aplicar distintos criterios á hora de iniciar investigacións

Written By Virgulino on 21/11/06 | 14:15

Esta institución esixiu que o MpDC presentara a asinatura dun afectado para abrir unha queixa relacionada có concello de Nigrán, dirixiuse ao concello de Vigo antes de admitir unha queixa relacionada coa prohibición de acceder a un pleno e alegou que a nosa asociación non está lexitimado para presentar unha queixa contra o concello de A Coruña en relación coas videocámaras.

O Defensor del Pueblo incumpre habitualmente o previsto na súa norma reguladora e coa súa labor de velar polos intereses da cidadanía fronte ás administracións públicas. Nesta ocasión, son varias as vulneracións das funcións encomendadas. Esta institución négase a solicitar información ao concello da Coruña sobre a instalación de videocámaras na estación de autobuses por alegando que o MpDC non é interesado.

Dende o MpDC parécenos inadmisibel obter esta resposta por parte do Defensor pois como é sabido, o esta asociación vén traballando pola defensa dos dereitos cidadáns dende a súa creación, sobre todo en campos como o das cámaras de videovixiancia.

Por todo isto, o Movemento polos Dereitos Civís pregúntase quen son os interesados de tal iniciativa do concello herculino; serán os propios habitantes da cidade?, ou acaso os usuarios da estación?. Estas serán as preguntas que se realizarán a esta institución para poder aclarar a situación.

Entrada pleno do concello de Vigo

Por outro lado, outro incumprimento que amosa a arbitrariedade no exercicio das súas funcións ocorreu na solicitude que fixo o MpDC ao respecto da prohibición de entrada no pleno do concello de Vigo do pasado 19 de maio no que se aprobaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal, tema controvertido nesta cidade e que interesa a moitos veciños.

A nosa solicitude ao Defensor consistía en que esta institución investigara sobre o cumprimento recollido na Carta Magna polo propio concello de Vigo, no referido á entrada dos cidadáns á sesión do Pleno, así como a actuación da Policía Local no mesmo.

O sorprendente deste caso foi que o Defensor respostou que para admitir a nosa solicitude a trámite enviou o noso escrito ao concello de Vigo para saber a súa postura, cando este feito vulnera claramente as competencias de tal institución, que ten que admitir as solicitudes cidadáns e logo investigar, non ao revés.

Entrada pleno do Concello de Nigrán

Como máximo exponente da arbitrariedade que está amosando o Sr. Múgica no exercicio das súas función pódese reseñar que, perante os impedimentos para a asistencia ao Pleno de Nigrán no que se trataba a aprobación do PXOM, situación absolutamente igual a que se deu no Concello de Vigo, este reclamou que o MpDC presentara a sinatura dalgún afectado.

A día de hoxe non entendemos a diferencia de criterio e os impedimentos impostos por esa Institución cando ten competencia para iniciar calquera das investigacións mencionadas de oficio.

0 comentarios:

Publicar un comentario