Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia que o concello de Santiago sométese ás constructoras e non cumpre as ordenanzas sobre a colocación de publicidade estática

Written By Virgulino on 15/9/06 | 14:26

O Movemento polos Dereitos Civís vén de denunciar que o concello de Santiago se somete aos intereses das constructoras e incumpre o artigo 4 da ordenanza sobre a colocación de publicidade estática, aprobada pola Administración Local a comezos do ano 2005.

O MpDC realizou unha reclamación para que se cumprira esa norma na que as empresas constructoras están obrigadas a colocar nas vallas das obras espacios debidamente sinalados para a colocación de carteis e outras formas de expresión, según aprobou o pleno do concello o 10 de xaneiro do 2005.

Ante a falla de resposta por parte da Administración local compostelana, a nosa asociación dirixiuse ao Defensor del Pueblo para que dera cumprimento ao Dereito de Petición, un dos cometidos desta institución.

O Defensor del Pueblo fixo os trámites pertinentes obtendo como resposta por parte do Concello santiagués que era moi difícil encaixar todos os intereses en presencia como son constructores, promotores e interesados na plasmación gráfica e escrita das súas ideas.

O MpDC considera inadmisibel que se antepoñan os intereses de empresas privadas diante do cumprimento dunha ordenanza, paradoxicamente, aprobada polo propio concello fai algo máis dun ano, e que tenta impulsar a liberdade de expresión.

Por todo isto, dende esta asociación esiximos que o concello santiagués cumpra co establecido no artigo 4 da ordenanza e obrigue ás empresas que realicen obras na cidade que instalen un espazo nas súas vallas para que os cidadáns podan colocar calquera elemento de comunicación social que consideren oportuno.

0 comentarios:

Publicar un comentario