Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Delegación do Goberno señala que a persecución contra membros dun colectivo xuvenil persegue “garantir os dereitos e liberdades” dos cidadáns

Written By Virgulino on 19/9/06 | 12:17

O MpDC denunciou fai dez días a persecución sufrida por membros da asociación xuvenil Galiza Nova por parte dos axentes da Policía Nacional de Monforte de Lemos. Este corpo de seguridade identificou, e mesmo levou a comisaría, a membros desta organización polo mero feito de estar a repartir folletos sobre a actividade do seu colectivo diante dun instituto ou mentras realizaban tarefas de restauración dun mural adicado a Castelao.

A comisaría da Policía Nacional respostara que a súa actuación enmarcábase dentro do plan de respostas ao tráfico minorista e consumo de drogas en centros educativos e nos seus entornos.

Por todas estas razóns o MpDC solicitou a investigación da actuación deste corpo de seguridade na vila lucense e reclamou a erradicación de feitos coma este que privan da liberdade individual e tamén do dereito de asociación, nunha sociedade baseada nos principios democráticos, garantidos, en teoría, polas forzas de seguridade do Estado español, entre elas o corpo antes citado.

Ante a resposta da Policía Nacional, o MpDC solicitou explicacións tamén ante a Delegación do Goberno de Galiza que respostou que a actuación dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, foi en todo momento a axustada para garantir os dereitos e liberdades dos cidadáns.

O MpDC considera inadmisibel que para garantir uns dereitos que en ningún momento se viron ameazados como son os dos alumnos do instituto se vulneren outros como os dos membros do colectivo xuvenil, no que atinxe o seu dereito de libre asociacionismo e a difusión das actividades da súa agrupación.

Segundo o artigo 1.1 da Lei de Seguridade Cidadá, os axentes deberían protexer o dereito de libre asociación, e actuar con finalidade de erradicar a violencia e previr delicto sen faltas, non atopándose a actividade cidadá de repartir folletos sobre unha asociación comprendida entre os denominados actos delictivos.

0 comentarios:

Publicar un comentario