Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia que o Defensor del Pueblo incumple a súa función de velar polos dereitos dos cidadáns

Written By Virgulino on 15/9/06 | 14:21

O Movemento polos Dereitos Civís vén de denunciar que o Defensor del Pueblo incumple a súa función de velar polos dereitos dos cidadáns, especialmente aqueles recollidos no Título I da Constitución, neste caso, o Dereito de Petición.

Este dereito, recollido no artigo 29 da Constitución, contempla a potestade dos cidadáns de solicitar información ante calquera institución pública, administración, ou autoridade, así como ante os órganos de dirección e administración dos organismos e entidades vinculadas ou dependentes das Administracións públicas, respecto das materias da súa competencia, calquera que sexa o seu ámbito territorial.

O MpDC solicitou ao Defensor del Pueblo o pasado día 19 de maio que obrigase á Consellería de Presidencia a responder a unha petición desta asociación respecto á actuación policial na protesta dos alcaldes do PPdeG no Parlamento de Galicia o pasado 23 de novembro.

O motivo desta petición é o sorprendente da actuación policial con este grupo de manifestantes que estaban a incurrir nun delito, pois non se poden realizar protestas ante o Parlamento de Galicia cando se estea a celebrar un pleno, como ocurría naquel momento.

O MpDC é sabedor como o resto da sociedade das poucas contemplacións da Policía, tanto Nacional como Local, para conter manifestacións pero neste caso non actuaron como de costume. Ningún dos manifestantes foi identificado nin tampouco se levou a cabo unha investigación posterior a pesar de contar cun amplo abano de imaxes fotográficas e de vídeo.

O Movemento considera inaceptabel que se faga un trato diferente con estes manifestantes pola súa condición ideolóxica, cousa que non ocorreu noutros casos como os mozos que se concentraron na feira de Galiemprego ou os membros de CC.OO que interrumpiron o pleno do concello de Pontevedra.

Dada a semellanza dos tres casos non parece de recibo este trato indiscriminado se ben dende o MpDC móstrase satisfeito con esta actuación se vai ser a liña a seguir nun futuro con outros casos similares de concentracións, sempre cumplindo a legalidade.

Por todos estes motivos, trasladóuselle unha pregunta á Consellería de Presidencia para coñercer os motivos desta actuación policial e dilucidar se en realidade este era o novo modus operandi das forzas de seguridade. Ante a falla de resposta por parte de administración galega, o MpDC púxose en contacto co Defensor del Pueblo para que velara polo cumplimento do artigo 29, o Dereito de Petición.

O chamativo deste caso, alén do comportamento da consellería, é a contestación do Defensor del Pueblo na que xustifica a súa non actuación baseándose nunha interpretación inadecuada da lei que regula o Dereito de Petición.

Desta forma, o MpDC quere denunciar o incumprimento do Defensor del Pueblo da súa función de defensa dos dereitos dos cidadáns, recollidos no Título I da Constitución, entre os que se encontra o anteriormente citado.

0 comentarios:

Publicar un comentario