Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra non nega as irregularidade denunciadas polo MpDC en relación coa actuación policial no pleno de Nigrán.

Written By Virgulino on 3/8/06 | 18:06

Nin a Subdelegación do Goberno, nin a Garda Civil de Pontevedra, nin a Subdirección de Inspección de persoal do Ministerio de Interior negan que se grabaron aos veciños de Nigrán sin permiso e que utilizara un spray irritante no recinto do Concello.

No pasado dous de xuño, cando se produciu unha concentración de máis de 500 veciños contrarios á aprobación do PXOM de Nigrán, produciuse unha serie de irregulariades que foron denunciadas polo MpDC a distintas Autoridades e Institucións. Entre elas destacan as seguintes:
• Non habilitar un local adecuado para a celebración do Pleno que debe ser público segundo o artigo 23 da CE e o 542 do Código Penal.
• Utilización de artefacto irritante nun recinto pechado
• Utilización dunha videocámara para a grabación dos veciños sin que conste que exista permiso vulnerando a Lei 4/97 sobre a utilización da videovixiancia e a Lei de Protección de Datos.

Por ese motivo o MpDC dirixiuse ás distintas autoridades instandoas a que se pronuncien sobre o acontecido sin que ningunha xustificara os permisos para as grabacións, o motivo polo que non se habilitou un local adecuado para o pleno ou sobre a actuación da Garda Civil.

Nese sentido o MpDC volveuse a dirixir á Subdelegación do Goberno para que aclare si recoñece implícitamente, ao non negar os feitos denunciados, que se utilizou o spray irritante no recinto do Concello, grabouse aos cidadáns sin permiso e que se impidió o dereito constitucional de “participar nos asuntos públicos”.


0 comentarios:

Publicar un comentario