Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC esixe á Baqueiro que tome medidas ante as denuncias contra Policías Locais

Written By Virgulino on 24/7/06 | 18:34

Recentemente foi o "Defensor del Pueblo", Sr. Henrique Múgica, quen criticou a falta de apoio por parte do Concello á hora de averiguar a corrección das actuacións policiais.

O Movemento polos Dereitos Civís quere amosar a súa repulsa mais enérxica á actuación da Policía Local de Santiago deste fin de semana onde se podía apreciar unha clara actitude homófoba e a habitual falta de colaboración por parte de membros dese corpo cando se lle requiri á sua identificación e así poder denunciar posible abusos no exercicio da súa función.

A ninguén se lle escapa que non estamos falando dun caso illado. A Policía Local de Santiago xa foi denunciada en repetidas ocasións por distintas persoas e organización, membros do seu corpo foron condenados e incluso o "Defensor del Pueblo" recriminou o oscurantismo que o Sr. Banqueiro mantén sobre ese asunto ao facilitar ningunha información a esa Institución.

O MpDC considera que o Sr. Concellal de Seguridade Cidadana non pode seguir mirando cara outro lado como si eses feitos non estiveran acontecendo. Ao facer iso esta producindo un rexeitamento a todo o corpo da Policía Local e non só aos seus membros que, de forma habitual, actuan con abuso de poder. Si o Sr. Baqueiro non é quen de controlar a actuación dese Corpo de Seguridade debería dimitir por inoperante.

A cidadanía debe sentirse tranquila coa presencia de membros dos Corpos e Forzas de Seguridade, non debe sentir medo á hora de pedirlles responsabilidades polos seus actos. Os abusos de poder son problemas aos que se deben de enfrentar toda a sociedade, de non facello podense dar casos extremos como o da Garda Civil de Roquetas ou o dos Policía Nacionais que recentemente foron detidos por abusos sexuais a inmigrantes.

Como é habitual o MpDC presentará as oportunas queixas e denuncias aos organimos e autoridades competentes. Tamén remitirá ese caso ao "Defensor del Pueblo" para que axunte aos expediente que esa Institución xa ten aberto sobre a Policía Local de Santiago.

MÁIS INFORMACIÓN

Informe do ano 2004 sobre actuacións da Policía Local de Santiago:

Notas de prensa
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2006/06/o-defensor-del-pueblo-advirte-ao.html&urlHash=2.4856498220920026E220
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2006/01/o-defensor-del-pueblo-comunica-que-o.html&urlHash=4.694331545516843E-178
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2005/09/o-defensor-del-pueblo-segue-sen.html&urlHash=2.659554080431617E278
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2005/07/o-concello-de-compostela-seguen-sen.html&urlHash=3.909921539159243E104
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2005/02/o-mpdc-denuncia-de-novo-actuacin-dun.html&urlHash=7.238692602899282E-172
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2005/01/informes-da-polica-local-de-compostela.html&urlHash=1.2193609454138801E281
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2004/06/quen-vixia-polica.html&urlHash=-1.1607935620095336E-227
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2004/04/o-mpdc-presenta-un-informe-sobre-as.html&urlHash=4.404190264108017E-68
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2004/03/o-mpdc-convida-que-xos-baqueiro-reciba.html&urlHash=-1.581307376332048E-209
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2004/03/polica-local-de-compostela-segue-sendo.html&urlHash=-1.345492686616802E48
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2004/03/resume-da-rolda-de-prensa-agresins.html&urlHash=1.2408073399485002E247
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2003/10/faltou-previsin-no-partido-de-futbol.html&urlHash=1.748620110799399E194
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2002/04/unha-nova-agresin-policial-na-cidade.html&urlHash=-5.729021416207938E-278
http://correo4.terra.es/cp/ps/Mail/ExternalURLProxy?d=terra.es&u=mpdc_gz&url=http://mpdc.blogspot.com/2003/12/o-defensor-del-pueblo-pedir-informacin.html&urlHash=-2.5304644402069897E216

0 comentarios:

Publicar un comentario