Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Vigo sigue sin aclarar a legalidade da actuación policial no Pleno do PXOUM

Written By Virgulino on 3/8/06 | 18:09

Dous meses despois de que o MpDC lle solicitara explicacións e a Subdirección Xeral de Inspección de Persoal e Servizos de Seguridade do Ministerio do Interior lle derivara a queixa presentada polo Movemento, o Concello de Vigo segue sin informar sobre a actuación policial e as limitacións impostas para asistir ao Pleno.

Cando no pasado mes de Maio a Alcaldesa de Vigo blindou o Concello para a celebración do Pleno no que se aprobou o novo Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal, vulnerou varios dereitos dos cidadáns vigueses. A pesar de coñecer o interese social que o asunto sometido a debate despertaba, blindouse a entrada ao salón onde se celebraba a sesión con máis de medio centenar de efectivos da Policía Loca, permitíndose tan só a entrada de cuarenta persoas identificadas cun número na solapa. Esta situación mantivose ao longo da sesión a pesar de que, debido a prolongación do debate, moitas das persoas que entraron á primeira hora, abandonaran xa o Pleno, quedando plo tanto lugares disponibeis, volvéndose a denegar a entrada ao público que seguía esperando fora do edificio, vulnerandose así o seu dereito a participar dos asuntos públicos e asistir a un pleno que deber se realmente público, Ademais, a entrada principal do Concello tamén estivo pechada toda a mañán e soamente perante as protestas dos usuarios foi permitida a entrada a través das dependencias da Policía Local. Mentres iso acontecía, algún Policía Locais que impedían a entrada tomaron varias fotografías dos manifestantes congregados conculcando o seu dereito á própia imaxe e vulnerándose a lexislación en materia de tratamento de datos de carácter persoal.

Frente a estes feitos o MpDC presentou denuncia fronte a Axencia de Protección de datos (que abriu Expediente E/00649/2006), á Secretaria de Estado de Seguridade, (quen derivou a denuncia ao Valedo do Cidadán do Concello de Vigo), á Comisión de Garantías de Videovixianca (quen aínda non respondeu) e ao Concello de Vigo (que tampou respondeu). Por ese motivo o Movemento polos Dereitos Civís presentará queixa ao Defensor del Pueblo para que estudie a actuación do Concello de Vigo e requira desa Administración, do Valedor do Cidadán e da Comsión de Garantía de Videovixiancia que respondan ao requirimento do MpDC.

Por outro lado cabe lembrar que o Concello de Vigo xa aparece no informe do "Defensor del Pueblo" deste ano por non responder aos requirimentos que se lle presenta

0 comentarios:

Publicar un comentario