Henrique Múgica aceptou a queixa presentada polo MpDC a raíz da prohibición da exhibición do vídeo "Hai que botalos" en Vigo e Trives durante o pasado mes de xuño. Por outro lado a Fiscalía de Pontevedra enviou ao Xulgado Decano de Vigo a denuncia pola prohibición da exhibición da mencionada colección de curtos nesa cidade.
O pasado 11 de xuño, axentes da Garda Civil presentáronse no Café Bar Vía Nova de Trives, onde se estaba iniciando a proxección do citado vídeo, impedindo a mesma e alegando unha denuncia dun representante do Partido Popular de Trives. Os axentes presentáronse ata cinco veces máis coa intención de comprobar que o vídeo non era visionado.
Por outro lado, en Vigo, foi a Asociación Veciña Casco Vello que solicitou ter acceso ao centro cívico para proxectar o antedito vídeo, este foilles concedido para os días 15 e 16 de xuño, producíndose o primeiro deles sen ningún problema, nembargante, o día 16 acudiu a Policía Local por orden do Concello e, alegando que nos carteis informativos non se facía referencia á concellaría correspondente, impediu tamén a proxección do citado vídeo.
En ambos casos vulnerouse de maneira fragrante o dereito fundamental consagrado no artigo 20 da CE, de liberdade de expresión, e o 21, de reunión pacífica. Motivo polo que o MpDC solicitou ao Defensor del Pueblo e á Fiscalía que se depurase responsabilidades. Averiguacións que se están realizando.
O "DEFENSOR DEL PUEBLO" investiga a prohibición da exhibición dos vídeos "Hai que botalos" en Vigo e Trives
Written By Virgulino on 1/12/05 | 11:50
Etiquetas:
Concello de Pobra de Trives,
Concello de Pontevedra,
concello de vedra,
Concello de Vigo,
Defensor del Pueblo,
Dereito á Liberdade de Expresión,
Dereito de reunión e manifestación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario