Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

I Certame “Dereitos Civís en Galiza”

Written By Virgulino on 30/11/05 | 12:03

BASES DA CONVOCATORIA

1. O Concurso é aberto en canto á participación, podendo concorrer ao mesmo calquera estudiante matriculado nunha Universidade galega.

2. Haberá un premio único consistente nunha viaxe a un país Latinoamerica.

3. Os traballos que opten ao premio, deberán tratar sobre “A situación dos Dereitos Civís na Galiza: 2005” Analizando as posibles vulneracións dos mesmos, facendo referencia a temas concretos ou xerais que afecten a dereito recollido no Titulo I da Constitución, na carta de dereitos fundamentais da UE, a carta de dereitos do consello de Europa ou calquera outro documento aceptado como garantizador de dereitos fundamentais. Como orientación sobre temas a tratar pódese acudir a páxina web da asociación: http://www.movemento.org/.

4. Só se admitirán a concurso traballos individuais, orixinais e inéditos. Deberanse redactar en galego, e a súa extensión non poderá exceder de vinte folios, mecanografados a dobre espacio e por unha soa cara.

O incumprimento dalgúns dos requisitos, implicará a inadmisión do texto.

5. O traballo presentarase en seis copias, axuntando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do autor do traballo
  • Dirección e teléfono de contacto
  • Número de D.I ou Pasaporte

Estes datos deberán aparecer en cada un dos seis exemplares.

Os traballos recolleranse ata o día 28 de febreiro ás 14:00 horas, nos seguintes locais:

  • Fac. de Dereito de Compostela Dpto. Administrativo Profesora Alba Nogueira López
  • Fac. de Dereito da Coruña Dpto. Penal Profesor José Ángel Brandariz García
  • Fac. de Ciencias Xurídicas e do Traballo de Vigo Dpto. Penal Profesora Inma Valeije Álvarez
  • Sede nacional do “Movemento Polos Dereitos Civís” Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 – 2º Compostela 15707 A Coruña.

6. O Xurado do Certame estará composto polas 6 seguintes persoas.

  • TEREIXA PAZ FRANCO: Vicepresidenta Primeira do Parlamento de Galiza
  • JOSÉ ANGEL BRANDARIZ: Profesor Dereito Penal Universidade da Coruña
  • ALBA NOGUEIRA LÓPEZ: Profesora Dereito Administrativo Universidade de Compostela
  • INMA VALEIJE ALVAREZ: Profesor Dereito Penal Universidade de Vigo
  • XOSÉ MARÍA RODRIGUEZ FERNÁNDEZ: Avogado
  • AITOR SEBIO MOLGUERO: Avogado MpDC

7. Dos traballos presentados, o Xurado elixirá o gañador, poñéndose en contacto co autor no teléfono ou dirección facilitados. Asemade, o premiado anunciarase mediante carteis que se publicarán nos taboleiros de anuncios das Facultades de Dereito de Galiza.

8. A decisión do Xurado é inapelábel, e o feito de participar neste certame implica a total aceptación e conformidade coas bases do mesmo. O premio poderá ser declarado deserto.

9. Unha vez presentado o traballo, non poderá ser retirado. Os autores dos traballos presentados permiten á “Asociación Movemento polos Dereitos Civís” a súa publicación e distribución por si ou por medio de terceiro, total ou parcialmente, de modo independente, ou en conxunto, citando sempre aos autores dos mesmos. Estes non poderán pedir ningunha compensación pola utilización que a “Asociación Movemento polos Dereitos Civís” faga dos mesmos.

10. A decisión do xurado, coñecerase o día 15 de Marzo.

Organiza: Movemento polos Dereitos Civís


Colabora: Dirección Xeral de Xuventude





0 comentarios:

Publicar un comentario