Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Moitos dereitos recollidos no Título I da CE seguen sendo obviados.

Written By Virgulino on 7/12/05 | 10:55

Cando se cumpre 27 anos da Constitución Española séguese sen garantir dereitos tan importantes como a vivenda e perigan dereitos fundamentais como o de Asociacións.

No 27º aniversario da CE o MpDC quere chamar a atención sobre o perigo que corre dereitos fundamentais que a cidadanía consideraba indiscutibles como o de asociación, á intimidade, a igualdade, a tutela xudicial efectiva ou a vivenda entre outros. As postas en escena que veñen realizando determinadas organizacións na defensa da Constitución céntranse sempre en asuntos lonxanos aos Dereitos da Cidadanía, buscase garantir a "Unidade da Nación" ou impedir o dereito ao matrimonio entre homosexuais pero non se fala, por exemplo, do artigo 43 da CE que di textualmente que "os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito (á vivenda), regulando a utilización do chan de acordo có interese xeral par impedir a especulación".

A práctica política están baleirando de contido dereitos como o de asociación (recente intento de criminalización de asociacións galegas), á intimidade (proliferación de cámaras de videovixiancia nas cidades, utilización de cámaras pola policías sen os requisitos legais necesarios ou o intento de incluír na lexislación Europea normas que permitan a utilización de comunicacións privadas sen orde xudicial) ou a tutela xudicial efectiva (recente intromisión da Audiencia nacional en asuntos dos Xulgados de Instrucción de Galiza).

Estes son só algúns dos exemplos de Dereitos Fundamentais recollidos na Constitución que non gozan das garantías necesarias, pero non son lembrados nos actos en Defensa da Constitución. O MpDC volta a lembrar unha vez máis que os dereitos da cidadanía non deben resumirse en intereses políticos e si concretarse coa creacción dun verdadeiro Estado de Dereito.

0 comentarios:

Publicar un comentario