Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Os estudantes denuncian que hai policía secreta infiltrada nas súas manifestacións

Written By Virgulino on 10/11/05 | 16:37

Policías secretas obrigaron a un estudante a deixar de facer fotografías dunha das manifestacións e noutros casos están a identificar a participantes das mobilizacións.

O MpDC considera que a actuación dos Corpos e Forzas do Estado nas mobilizacións que se están a realizar hoxe contra a LOE resulta, cando menos, incompresible e esaxerada. A infiltración de policías secretas nas mobilizacións dos estudantes de ensino medio é unha medida desproporcionada e absolutamente fora de lugar. Estase a facer unha criminalización do dereito á folga e á manifestación dando un tratamento de perigo público ao exercicio destes dereitos constitucionais. Por outra banda, as ameazas de incautación das cámaras fotográficas e de vídeo estanse a facer con demasiada lixeireza co obxectivo, por parte dos membros dos Corpos e Forzas do Estado, de eliminar probas de posibles abusos. Mentres tanto son eses mesmos axentes, vulnerando a legalidade vixente, os que utilizan cámaras móbiles sen os permisos necesarios (recentemente nunha manifestación en Xinzo de Limia).

En relación cos feitos denunciados, o MpDC solicitará explicacións á Delegación do Goberno para que explique cal era a conflitividade esperada que puidera "xustificar" a infiltración de policías secretas nestas mobilizacións.

0 comentarios:

Publicar un comentario