Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Un Xulgado de condena ao arquitecto portugués que denunciou agresións por parte da Policía Nacional

Written By Virgulino on 8/11/05 | 11:46

A sentencia considera como feitos probados que o condenado manifestou, cando se lle requiriu que se identificara, que "a documentación tíñaa a súa muller no bolso, que non se encontraba con el nese momento" pero condénao por unha falta de desobediencia á autoridade por non presentar a documentación.

O MpDC pon en coñecemento dos medios de comunicación que o cidadán portugués Gonçalo Afonso Dias, quen denunciou no seu día unha agresión por parte da Policía Nacional de Pontevedra, foi condenado a unha multa de 20€ por desobediencia á autoridade. A sentencia é absolutamente surrealista pois considera como feito probado que o cidadán portugués non era portador da súa documentación pois a levaba a súa compañeira, pero condénao por negarse a facilitala aos axentes da Policía Nacional.

Gonçalo Afonso Dias esta disposto a seguir có caso e recorrer a sentencia condenatoria a pesar da insignificante cantidade (20€) pois considera que foron vulnerados os seus dereitos fundamentais. O MpDC entende que a mesma condena, por pequena, é proba da desorbitada actuación por parte da Policía Nacional.

Todo o acontecido non haberían pasado de anecdótico si non fose polo feito de Gonçalo Afonso denunciou agresión en comisaria e actitude violenta, mesmo afirmou que foi golpeado na cabeza, golpes de posibles fatais consecuencias para el por mor dunha operación á que fora sometido o cidadán portugués, e cuxa cicatriz podíase abrir.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís volvemos a denunciar as sentencias dictadas en Galiza cuxa única proba é a declaración dos corpos e forzas de seguridade que, sen necesidade de fundamentación algunha, gozan de presunción de veracidade. Esa presunción de veracidade é a que produce sentencias inaceptables como a deste cidadán portugués que se ve condenado coas únicas declaracións dos propios policías que lle puideron agredir.

Por outro lado volvemos a denunciar a inoperancia e falta de interese da Fiscalía nos casos nos que se denuncian agresións dos Corpos e Forzas do Estado. O MpDC constata día tras día como as reclamacións por actuacións desproporcionadas de axentes do orde son obviadas e consideradas actuacións puntuais e individuais polo Ministerio Fiscal; pero non hai mais que botar un vistazo ao informe do Centro de Documentación Contra a Tortura para comprobar que esas "actuais puntuais" repítense abundantemente.

Mais información:

Un cidadán portugués relata un caso de posibles malos tratos nunha comisaría de Pontevedra

Publicado na prensa:

0 comentarios:

Publicar un comentario