Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Charla: A cuestión do topónimo de A Coruña desde unha perspectiva penal

Written By Virgulino on 10/11/05 | 19:26

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) presentou o pasado 17 de marzo unha denuncia contra o alcalde da Coruña, Sr. Francisco Vázquez, por desobediencia e prevaricación. Esta demanda está fundamentada na utilización indebida de máis de 300.000 euros do erario público na batalla legal que o señor alcalde vén realizando nos últimos anos para modificar o nome da cidade. Neste proceso, o Concello da Coruña suma xa dúas sentencias negativas do Tribunal Supremo que, polo demais, non só non foron acatadas polo señor Vázquez, senón todo o contrario e este segue insistindo en utilizar o topónimo "La Coruña" cando o propio Tribunal Supremo afirma que isto é competencia exclusiva da Xunta de Galicia.A aceptación por parte da Fiscalía da denuncia deu lugar á apertura de dilixencias no xulgado nº 5 da Coruña, motivo polo que o Concello desa cidade aprobou en pleno, cós votos e contra do BNG e a abstención do PP, autorizar a utilización de medios públicos para a defensa do señor Vázquez.

Desde o MpDC consideramos importante a apertura dun debate no que se avalíen as posíbeis consecuencias penais das actuacións do Sr Francisco Vázquez e os demais concelleiros que votaron a favor da modificación do topónimo, incluso despois de dúas sentencias contrarias do Tribunal Supremo. Por ese motivo organizamos a Charla: "A cuestión do topónimo 'A Coruña' desde unha perspectiva penal", que terá lugar o martes 29 de novembro, ás 20:00 horas, nos locais da agrupación cultural Alexandre Bóveda da Coruña.


Data: Martes, 29 de Novembro
Hora: 20:00 horas
Lugar: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos, 16-18 - 1º A Coruña)

Falarán:

  • Eduardo Gutiérres Fernández (Diputado na anterior lexislatura e que presentou unha iniciativa en prol do topónimo de A Coruña)
  • Luz María Puente (Profesora de Dereito Penal)
  • Carlos Callón Torres (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)

Organiza: Movemento polos Dereitos Civís

0 comentarios:

Publicar un comentario