Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Posicionamento do MpDC perante as detencións de cidadáns/ás galegos/as no día de hoxe

Written By Virgulino on 14/11/05 | 20:40

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) quer mostrar a súa repulsa e preocupación perante as actuacións policiais realizadas en diferentes cidades de Galiza durante a xornada de hoxe, día 14 de Novembro de 2005, que culminaron na detención de ao menos dez persoas relacionadas con organizacións independentistas galegas.

Establecer una acusación colectiva de asociación ilícita contra estas persoas polo facto de teren algunha responsabilidade naquelas organizacións vulnera direitos e liberdades fundamentais, como son o direito de asociación e de participación política e a liberdade de expresión, reunión, opinión ou difusión de ideas; todos eles recoñecidos e amparados pola Declaración Universal de Direitos Humanos, o Pacto Internacional de Direitos Cívicos e Políticos e a propia Constitución Española.

Resulta así mesmo preocupante a vulneración da presunción de inocencia das persoas detidas, que son apresentadas por instancias policiais, xudiciais e mediáticas como culpábeis dos xenéricos delitos que lles son imputados sen necesidade de xuízo, provocando un enorme dano persoal para os/as detidos/as e un efeito de criminalización social dos movimentos sociais en que participan.

Facemos un chamamento á sociedade civil e os poderes públicos para que permanezan alerta ante estes gravísimos acontecementos, co obxectivo de que sexan respeitadas as garantías xurídicas que protexen os detidos, así como os seus dereitos e liberdades fundamentais.

3 comentarios:

Anonymous dijo...

Os meus parabéns para o MpDC, nom é este o momento para setarismos e si para a solidariedade, a reflexom e a alterta democrática.

Anonymous dijo...

Noraboa por ser dos poucos que vos posicionades. Toda esta situación é absurda. Onte escoitei ao ministro de xustiza español dicindo que non tiña nin idea do asunto e ao gobernador civil en galiza largando vaguedades polo tanto ¿ a quen lle interesa crear esta situación de alarma? Busquemos a solución nunha asociación "lícita" como as FAES e a súa labor de "Think Tank" de calado antidemocrático e maquiavélico.
A miña solidariedade para cos presos e presas e a miña repulsa para cos abusos de poder, veñan de onde veñan.

Anonymous dijo...

Parabéns ao Movimento por nom ter cedido ao conformismo que tanto agita ultimamente determinados sectores autoproclamados galeguistas.
Nem é a primeira vez que cousas deste calibre ocorrem nem será a última. Estaremos atent@s, e ojalá o MpolosDC siga aí.

Publicar un comentario