Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia a brutal carga policial das Forzas de Seguranza na manifestación convocada en Vigo con motivo do 1º de maio.

Written By Virgulino on 1/5/05 | 19:23

Baixo o pretexto de deter ao causante dun destrozo nun caixeiro automático a Policía cargou con extrema violencia en Vigo contra a maior das manifestacións convocadas na Galiza nesta festividade dos traballadores.

Cando máis de 5000 persoas escoitaban o discurso ao final do acto na Porta do Sol da cidade olívica produciuse a intervención da Policía contra os milleiros de manifestantes alí congregados. Una carga indiscriminada contra pacíficos manifestantes que nos lembran outros tempos que críamos superados. En ningún momento as Forzas de Seguranza intentaron solucionar o problema identificando e detendo aos causantes do ataque a sucursal bancaria nun momento máis propicio. Polo contrario cargaron de maneira desproporcionada contra todos os manifestantes causando varios feridos e detendo a un mínimo de tres persoas.

Dende o MpDC denunciamos esta actuación irregular da Policía. Consideramos que esta actitude policial non é de recibo nun Estado de dereito e democrático, que mesmo rexeitaron identificarse ameazando con deter aos manifestantes que llo solicitaban, impedindo deste xeito un exercicio ao que teñen dereito os cidadáns para exercer as medidas xudiciais oportunas.

Existen directrices de actuación que permiten evitar que manifestacións multitudinarias como as de onte rematen desta maneira. Parece ser que as Forzas Policiais non son capaces de valorar a forma máis correcta de actuar. Na Folga Xeral do 2001, seguiron a membros de piquetes informativos para agredilos cando estaban illados, actuando dunha forma absolutamente delictiva, nembargante, onte, non foron capaces de esperar para deter aos sospeitosos nunha situación máis propicia e que evitese todo o tumulto acontecido.

0 comentarios:

Publicar un comentario