Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís apoia a concentración que este venres ás 18 da tarde esta convocada para denunciar a homofobia do Correo Gallego

Written By Virgulino on 20/5/05 | 16:12

A pasada semana este xornal compostela na súa sección de humor apresentaba unha viñeta na que se criticaba e ridiculizaba a relación entre dous homes e como un deles esperaba fora dun paritorio a que o outro tivera un fillo, e o que lle traía a enfermeira ao cuarto a estes dous homes en vez de ser un neno era unha merda.

O movemento polos dereitos civís quere denunciar a homofobia que non só nestes casos senón tamén en nomeadas ocasións aparece reflectida no xornal, polo que apoia tanto a concentración desta tarde fronte ao xornal El Correo Gallego como a petición de envio masivo de correos a este xornal para pedirlle que rectifiquen publicamente. Os correos pódense enviar ao defensor do lector jsalgado@elcorreogallego.es.

O Movemento polos Dereitos Civís fai súa a loita dos colectivos homosexuais por acadar os mesmos dereitos xurídicos que as parellas heterosexuais, e entende que un medio de comunicación non pode atentar contra a dignidade das persoas, nin espallar a homofobia pois ataca a todo un colectivo de persoas que veñen loitando desde hai moitísimos anos para ser recoñecidos en pé de igualdade nunha sociedade que exclue e invisibiliza a aqueles e aquelas que se negan a adaptarse a norma social da heterosexualidade normativizada.

0 comentarios:

Publicar un comentario