Na rolda de prensa estarán presentes algúns dos redactores deste texto: a catedrática de Dereito Alba Nogueira, o sindicalista da CIG Administración Xan Carlos Ansia e o avogado Xosé María Rodríguez
No informe que será apresentado este xoves por primeira vez diante dos medios de comunicación colaboraron persoeiros como Suso de Toro, Rafa Villar, Alba Nogueira, Carlos Aymerich, Antolín Alcantara, e integrantes de colectivos sociais como as organizacións en defensa dos dereitos civís Statewatch, Esculca, Presos Galiza e outros colectivos como a asociación ecoloxista Adega
Neste informe recollénse os feitos máis salientábeis acontecidos no 2004 en todo o que ten que ver coa vulneración de dereitos civís e perda de liberdades
Entre os temas destacados cabe salientar a analise do nepotismo na Xunta de Galiza e o secuestro da información por parte dos gobernos galego e español no caso Prestige
Ao longo do informe analízanse aqueles dereitos que están a ser vulnerados como o dereito á liberdade e á comunicación, os dereitos educativos, o dereito á folga e á libre sindicación e o dereito a gozar dun medio ambiente axeitado
O Movemento polos Dereitos Civís presentou neste último ano numerosas queixas e denuncias ante os organismos de defensa dos cidadáns como o Valedor do Pobo, o Defensor del Pueblo, as delegacións de Goberno, a Administración de Xustiza e concellos como o de Santiago de Compostela, que son analizados neste informe pola súa labor, que na maioria dos casos ten sido neglixente, desoindo as preocupacións dos cidadáns que ante eles reclaman que se cumpran os seus dereitos.
O informe será entregado aos xornalistas que acudan a esta rolda de prensa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario