Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

No informe do “Defensor del Pueblo” non aparecen varias queixas con largo historial de falta de colaboración por parte da Administración

Written By Virgulino on 26/4/05 | 13:39

O MpDC porá en coñecemento dos grupos parlamentares este feito para que sexa revisado no seu debate no Congreso

O informe que anualmente é presentado polo Defensor del Pueblo para recoller as queixas e actuacións que realizou este organismo presentará este ano unha eiva que desde o MpDC queremos denunciar e facer pública: neste documento non aparecen algunhas queixas e actuacións con máis de un ano de trámite perante o “Defensor del Pueblo”.

Como exemplo podemos nombrar as actuacións que se veñen realizando polas cámaras de videovixiancia (con dous anos e medio de trámite) e as actuacións da policía local de Santiago (con máis de un ano). Queixas que sempre foron motivo de accións e informes por parte do Defensor del Pueblo que amosáronse improductivas, con reiteradas reclamacións de información a distintas autoridades, administración e institucións; cuestión polo que non podemos entender porque non aparecen reflectidas neste informe cando telefonicamente se nos informou que así se faría.

O MpDC informará aos grupos parlamentares de Madrid da ausencia destas queixas e actividades do Defensor del Pueblo no concello de Santiago, para que no debate que se produza no Congreso dos Deputados sexa tida en conta xa que non todas as queixas parecen ter o mesmo valor diante do Defensor del Pueblo, e que non todas merecen ser recollidas no seu informe a pesar das continua falta de colaboración por parte das Institucións que, como o Consello de Santiago de Compostela, tardaron ate 11 meses en remitir unha documentación solicitada por esta Institución.

0 comentarios:

Publicar un comentario