Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Presentación este xoves en rolda de prensa da Coordenadora pola prevención da Tortura

Written By Virgulino on 17/2/05 | 17:21

Manterán diversas reunións cos grupos parlamentares, sindicatos asociacións de avogados e universidades para dar a coñecer o Protocolo da ONU contra a Tortura.

O 26 de xuño, día internacional contra a Tortura, realizarán en todo o país actos de carácter cultural y lúdico para reivindicar que o Goberno español asine e ratifique este Protocolo

A Coordenadora para a Prevención da Tortura é unha plataforma de asociacións de todo o Estado que traballan no ámbito dos dereitos humanos e as liberdades públicas. No marco galego forman parte da mesma: Xustiza e Sociedade, Asociación Concepción Arenal, Esculca, Voluntariado Penitenciario, Movemento polos Dereitos Civís e Presos Galiza.

Esta plataforma desenvolve unha campaña para conseguir que o goberno español ratifique e poña en práctica o Protocolo à Convención contra a Tortura aprobado pola Asemblea das Nacións Unidas o 18 de Decembro de 2002 e, con este obxectivo, realiza xestións perante diversos organismos e institucións, entre eles os grupos dos diferentes parlamentos do Estado Español. Os grupos do BNG e PSOE recibirán a representantes desta coordenadora no ámbito galego o luns 22 de febreiro no Hórreo. Ademais, están a facer xestións para manter proximamente reunións cos sindicatos, asociacións e colexios de avogados e as universidades galegas.

Paralelamente, e para dar a coñecer o qué significaría a posta en marcha do Protocolo da ONU contra a Tortura, están a organizar distintos actos de carácter lúdico e reivindicativo en moitas das cidades e vilas de Galiza, para o 26 de xuño, día Internacional contra a Tortura. Algúns dos sitios onde se realizarán estes actos será en Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Carballo, Noia, Vigo e Pontevedra.

0 comentarios:

Publicar un comentario