Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia que 3.000 titulados universitarios non se poderán presentar ás oposicións de secundaria.

Written By Virgulino on 18/2/05 | 20:12

O adianto na convocatoria das oposicións de secundaria fai que os titutalos e tituladas que estaban preparando o CAP non se poidan presentar por non teren conseguido este requisito na data límite para a matriculación.

Xunto ás denuncias que xa realizaron algúns sindicatos no sentido que a convocatoría pode obrigar a realizar examens en fins de semana do terceiro trimestre do curso escolar, afectando ao normal desenvolvemento das aulas, obrigando a un sobreesforzo por parte dos profesores e profesoras que participarán nos tribunais e aqueles profesores interinos que terán que compaxinar as oposición có seu traballo habitual impartindo clases; debemos sumar agora as queixas dos titulados universitarios que están preparando o CAP (requisito indispensable para participar na oposición) e que a 7 de marzo, data límite para matricularse, non terán terminado este curso.

En anteriores convocatorias a terminación do Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP) costumaba darse xusto antes do límite para a matriculación nas oposicións, situación que permitía a participación deste colectivo na convocatoria. Este ano, có adianto da publicación, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria consigue eliminar dun plumazo a cerca de 3000 posibles opositores.

Esta situación que consideramos inxusta, xa que estes opositores contaban con poderen presentarse nesta convocatoria, debería de ter unha resposta por para da Consellería de Educación, quen podería aceptar a Certificación de Matricula no CAP como xustificación provisional de cumplir o requisito que, en caso de non ser superado polo opositor, deixaría de ter validez.

0 comentarios:

Publicar un comentario