Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Rolda de prensa de presentación da campaña da Coordenadora pola Prevención da Tortura este xoves 16 de febreiro ás 11.30 en Sargadelos

Written By Virgulino on 16/2/05 | 16:14

Participarán representantes das asociacións que forman parte desta Coordenadora: Xustiza e Sociedade, Esculca, Movemento polos Dereitos Civís e Presos Galiza

>A Coordenadora pola Prevención da Tortura realizará a súa presentación este xoves 17 de febreiro na Galería Sargadelos (Rúa Nova 16), coa participación de representantes dalgunhas das organizacións que integran esta campaña no ámbito galego. Participarán representantes de organizacións en defensa dos dereitos civís como Xustiza e Sociedade, Esculca, Movemento polos Dereitos Civís e Presos Galiza.

Esta rolda de prensa servirá para dar a coñecer o traballo que distintas organizacións imos desenvolver para dar a coñecer a ferramenta contra a tortura elaborada pola ONU que é o “Protocolo contra a tortura” , para reclamar do Estado español que asine e ratifique este protocolo, como así dixo que faría o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, diante da asemblea da ONU, así como no marco galego imos manter reunións cos grupos políticos e sociais para dar a coñecer esta iniciativa, así como outros actos de tipo reivindicativo e cultural que daremos a coñecer nesta rolda de prensa.

Entregarase aos asistentes material gráfico da campaña que se vai editar, o manifestao fundacional desta coordenadora, a relación de asociacións participantes, a relación de estados que asinaron e ratificaron o protocolo contra a tortura e información sobre o que din os organismos internacionais, polo que pregamos a vosa asistencia.

Por: Zelia

0 comentarios:

Publicar un comentario