Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Nova denuncia por violencia policial en Compostela

Written By Virgulino on 22/2/05 | 10:40

Un veciño de Santiago denunciou onte, perante a Policía Nacional, vexacións e actitude violenta

Tras as recentes denuncias realizadas por actitudes abusivas realizadas por membros das Forzas e Corpos de Seguridadade: agresión contra un cidadán no entroido, importante despregue policial na Alamenda por un acto simbólico, vexacións contra un veciño por protestar ante a brutalidade coa que se estaba tratando a outro cidadán, etc... temos que sumar unha nova acción abusiva realizada no día de onte e que foi denunciada polo afectado.

Segundo este veciño dous individuos que dixeron ser axentes da lei, un deles "identificouse" ensinando unha carteira sen dar tempo de ver o que contiña, esixironlle que se identificase sen alegar xustificación algunha, todo esto en medio de insultos como "GILIPOLLAS; NIÑATO DE MERDA E REBOTADO". Tamén utilizaron a forza contra él inmobilizandoo, un polo brazo e outro colleuno polo pescozo, tratando de introducilo nun vehículo, perante a brutalidade da actuación, este veciño entregoulle o DNI e os "policías" dixeron o seu nome e datos por un Walki-Talki de forma que todos os ali presentes poideron escoitar, sen mater a máis mínima discrección. Este feito foi presenciado por multitude de viandantes.

O MpDC ven de denunciar repetidamente esta actitude por parte dos Corpos e Forzas do Estado, pedindo que éstes se identifiquen debidamente cando se lles requira e que xustifiquen os motivos polo que se require a identificación aos cidadáns que, por outro lado, teñen dereito de sabelo.

Por: Renato

1 comentarios:

nofollow dijo...

Dear administrator:

Some of our comments above may include links that are no longer valid or that do not have a nofollow value. They might very well lead you today to a third party. Therefore,
I ask you, if you would be so kind, to please delete or disregard those
comments.

Many thanks and best wishes,

Iza, Roberto Iza

Muy Señores Míos:

Algunos de nuestros comentarios incluyen vínculos rotos que bien pudieran llevar hoy a una tercera persona. Por tanto, le rogamos, por favor, que los deseche o desestime.

Gracias y recuerdos

Iza, Roberto Iza

Publicar un comentario