Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC prepara xa o Informe 2004

Written By Virgulino on 10/12/04 | 22:52

Prezada/o compañeira/o



Un ano máis o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) está xa a traballar para que vexa a luz o seu Informe 2004, e queremos a través desta carta facervos partícipes da súa realización..

Este informe realiza unha analise sobre todo o traballo desenvolvido na defensa dos dereitos civís, de denuncia e reclamación da nosa organización perante as situacións que neste ano vivemos no noso país de recurte das liberdades e perda de dereitos civís.



Numerosos son os temas que trataremos neste informe, desde a falla de información e a impunidade na catástrofe do Prestige, as cámaras de videovixiancia de Compostela, as sentenzas ditadas en Galiza cando hai conflitos sociais (os tres sindicalistas de Lugo, os veciños do Eixo, unha persoa de Nunca Máis Lugo, integrantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, etc), así como recolleremos todas aquelas actuacións que vimos realizando no ámbito dos dereitos civis.



Este informe pretende ser unha ferramenta de concienciación da sociedade galega respecto a necesidade de defender os nosos dereitos, así como que este informe sexa un altofalante das nosas propostas para que sexan coñecidas en todo o territorio galego, e máis alá, para continuar a sumar máis persoas ao noso proxecto.



Para a elaboración do mencionado informe, precisamos da vosa axuda para sufragar os gastos derivados da súa realización. Na medida das vosas posibilidades, é para nos esencial poder contar con esas axudas, que ademais, servirían tamén para por en marcha novas actividades e accións no ámbito social e reivindicativo.

As vosas aportacións, sempre voluntarias, converteríanvos ademais en socios protectores do MpDC, o cal sería tamén para nós un elemento máis de apoio, respaldo e de axuda.



Para levar a cabo ditas axudas, podedes facelo ben no número de conta de Caixanova: 2080/0540/44/0040000724 ou mediante xiro postal á atención do Movemento polos Dereitos Civís, Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 - 2º (Poral Central) Santiago de Compostela - A Coruña.



Do mesmo xeito, necesitaríamos saber unha dirección vosa para poder enviarvos o informe unha vez sexa elaborado, e continuar a transmitirvos as iniciativas do MpDC leve adiante. Nolo podes enviar neste formulario.



Agradamos poder contar coa vosa solidariedade e apoio.



Recibide un saúdo,



Xosé Renato Nunes da Silva

Coordenador do MpDC



0 comentarios:

Publicar un comentario