Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

CONFERÉNCIA: “VIDA PRIVADA E PODERES PÚBLICOS (A lei integral a exame)”

Written By Virgulino on 9/12/04 | 13:51

DIA: 10 DE DECEMBRO

HORA: 19:30

LUGAR: CASA DO LIBRO (VIGO)

FALARÁN:



CELIA BALBOA (Advogada)

NANINA SANTOS CASTROVIEJO (Redactora Revista Andaina)

MARILUZ CANAL (Advogada)


Queremos abrir un espazo de debate sobre un asunto actual e polémico: a Lei Integral contra a Violéncia de Xénero. O obxectivo é analisar, de diferentes perspectivas, as medidas previstas nesta lei para facer frente ao grave problema das agresións no ámbito doméstico e as repercusións que esas medidas poden ter na vida democrática da nosa sociedade.



O cerne do debate non se situa portanto na denúncia da violéncia que se exerce contra as mulleres –preocupación compartida polas persoas que participarán nas charlas e as tres organizacións convocantes- senón na forma como os poderes públicos encaran esta alarmante situación. Mais en concreto, pretendemos debater sobre as vantaxes e perigos da cada vez mais profunda intromisión dos poderes públicos na nosa vida privada. Devemos abrir as fronteiras da nosa intimidade? En que circunstáncias? Até onde? A quen? Perguntas complexas que albergan outras de non menor importáncia: Que papel deven desempeñar os profisionais nestes conflitos? Son as medidas punitivas a mellor forma de os atallar? Serán as denúncias de persoas alleas ao conflito unha boa solución? Haveria outras formas mais eficaces de os reducir?



ORGANIZAN: Movemento polos Dereitos Civis, Xusticia e Sociedade e Esculca


0 comentarios:

Publicar un comentario