Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

QUEN VIXIA A POLICÍA?

Written By Virgulino on 14/6/04 | 11:53

Numerosas violacións de dereitos das persoas están a ser denunciadas na nosa cidade en relación coa actuación dos membros da Policía Local, tales denuncias son cada vez máis frecuentes e tratan sobre agresións a xoves durante os fins de semana, o impedimento para entrar no concello para asistir a Plenos, as negativas a identificarse, a denegación de auxilio, a actitude agresiva, as multas e arrestos de xoves por colar carteis, ás ameazas, á xa tristemente famosa carga de policías municipais contra traballadores de CESPA, etc...



É habitual que a Policía Local acuda ás denuncias por ruídos á noite provistos de material antidisturbio e nun número importante de efectivos. Cómo si se tratara dunha situación de perigo que sen embargo provoca situacións de tensión pola desproporción de medios.



É intolerábel que o edil de Seguridade Cidadá, señor Xosé Baqueiro nunha entrevista aparecida en El Correo Gallego, manteña que confía a cegas na labor da policía local. Parece que non sabe que os membros das forzas e corpos de seguridade do Estado tamén poden cometer delictos e a súa actuación pode ser antixurídica, debendo ser en todo caso investigados para esclarecer se usan o seu cargo para exercer as funcións que a lei lles encomenda ou se están a abusar do mesmo.



A situación de que os policías poidan abusar da súa posición de autoridade a sabendas de que non serán investigados a pesares das múltiples denuncias recorda a vellos tempos nos que non era a lei igual para todos. A función dos policías locais debería ser a de defensa das persoas e non a de reprimir, como parece que se está a facer nos últimos tempos.





SI QUERE DENUNCIAR ESTA SITUACIÓN INXUSTA, PARTICIPA NA

CONCENTRACIÓN

QUE O MpDC TEN CONVOCADA PARA O PRÓXIMO

XOVES, 17 DE XUÑO

ÁS 20:30 HORAS


DIANTE DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

0 comentarios:

Publicar un comentario