Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos dereitos civís recebe recoñecemento europeo

Written By Virgulino on 9/6/04 | 17:13

As denuncias ao recorte de liberdades en Santiago entre as máis destacadas.



A asociación STATEWATCH divulga o informe 2003 do MpDC en 13 países de Europa e informa sobre o traballo do MpDC en Galiza. Esta ONG é unha organización sen fins lucrativos fundada en 1991 e constituída por avogados, xornalista e investigadores de 13 países de Europa, con sede en Londres e que ten por obxectivo "supervisar os Estados e as liberdades civís en Europa". No seu boletín, que leva 13 anos en circulación e é repartido por toda Europa, recolle información sobre o MpDC e o traballo realizado no ano 2003.



Ademais de informar sobre o MpDC e a existencia do informe, Statewatch destaca as actuación que o MpDC levou a cabo no ámbito local sobre todo en Santiago de Compostela e fai referencia ás actuacións policías, cámaras de video-vixilancia, prohibición de concertos e expulsión de inmigrantes por mendigar. Tamén temas a nivel galego onde destaca a neglixente actuación na catástrofe do Prestige e o acoso institucional sobre Nunca Máis. Outros temas nos que se incidiu e neste caso no ámbito estatal foron por exemplo a solicitude de investigacións sobre censura informativa relacionada có Prestige e actuacións políticas contra mobilización en contra da Guerra de Iraque.



O MpDC manifesta o seu agrado por este recoñecemento do seu esforzo de denuncia das vulneracións das liberdades civís que, a cotío, se produce en Galiza e seguirá dando "exemplo de como se poden defender os dereitos civís a nivel local, e de como se poden monitora as situacións nas que estes non se respectan". Estre recoñecemento anima seguir na liña marcada nun momento de expansión do noso traballo e que se caracteriza tamén `por unha maior control social e ideolóxica por parte das distintas administracións.

0 comentarios:

Publicar un comentario