Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O "DEFENSOR DEL PUEBLO" SEGUE A RECLAMAR INFORMACIÓN SOBRE ÁS CÁMARAS DE VIDEO-VIXILANCIA E AS ACTUACIÓN POLICIAIS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Written By Virgulino on 7/6/04 | 16:10

En dous escritos diferentes reclama ao Concello de Santiago de Compostela a remisión urxente de informes sobre actuacións da Policía Local e, á Delegación do Goberno, que informe sobre a vixencia da autorización da instalación de videocámaras no casco antigo de Compostela.



A Adxunta Primeira do "Defensor del Pueblo", María Luísa Cava de Llano y Carrió, remitiu, con data do 3 de Xuño, información ao MpDC sobre a situación dos expedientes relacionados cá actuación da Policía Local en Santiago de Compostela e a legalidade das Cámaras de Video-Vixilancia instaladas no casco antigo.



Sobre o primeiro expediente (rexistrado có numero Q0315542) a Adxunta Primeira informa que volve a solicitar, por terceira vez, que o Concello de Santiago de Compostela informe sobre determinadas actuacións policiais. Na primeira solicitude o Concello de Santiago respondeu que xa realizara as indagacións oportunas sobre os temas denunciados, esta contestación non convenceu ao "Defensor del Pueblo", quen volveu a solicita un informe máis estendido que, ao día de hoxe, aínda non foi remitido e obrigou á Adxunta a solicitar "á remisión urxente do mesmo".



Sobre o segundo expediente (rexistrado có número Q0215191) e que xa acumula máis de ano e medio de investigacións por parte do "Defensor del Pueblo", a Adxunta informa que "á vista do contido do mesmo, valorouse a conveniencia de dirixirnos novamente á Delegación do Goberno, solicitando un novo informe en relación cá vixencia da autorización da instalación de videocámaras no casco antigo de Santiago de Compostela". En todo este tempo, nin a Delegación do Goberno, nin a Comisión de Garantías de Videovixilancia, nin o Fiscal Xefe de Galiza, nin o Concello de Santiago de Compostela facilitou estas autorizacións.



Novamente nos encontramos cá absoluta falta de respecto pola lexislación vixente que manifesta as institucións deste país. Mentres as denuncias contra Policías Locais de Santiago de Compostela e polas Cámaras de video-vixilancia son constantes, ningunha administración ou autoridade investiga estes feitos e, incluso, ocultan datos á Institución do “Defensor del Pueblo”.

0 comentarios:

Publicar un comentario