Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Proponse unha Ordenanza de Publicidade Estática despois de que o MpDC pedira o cumprimento do pacto de goberno

Written By Virgulino on 26/5/04 | 11:08

O pasado día 10 de maio remitiu un escrito a todos os grupos municipais pedindo o cumprimento do pacto de goberno no referente á publicidade estática.



Desde Marzo do 2002, o MPDC ven pedindo a modificación da Ordenanza Municipal de Medio Ambiente porque entendemos que vulnera o dereito fundamental á Liberdade de Expresión. Pensamos que era necesario unha normas mínimas que permitira compaxinar o mantemento do noso patrimonio con este dereito fundamental, xa que o Concello non pode limitar un dereito fundamental sen darlle outra saída.



A actual ordenanza estaba levando á criminalización dos movementos sociais con multas, identificacións e arrestos polos simples feitos de colar carteis ou facer murais mentres o propio concello vulneraba esta norma. Este feito nos levou a presentar unha denuncia contra o Concello de Santiago, por emborronar as paredes da cidade, sen que se resolvera no día de hoxe.



Para solventar esta situación realizamos unha serie de propostas ao Concello de Santiago que permitira a divulgación das actividades sociais e rematara coas multas e xuízos contra mozas e mozos de Compostela. Estas propostas foron engadidas na ORDENANZA DE PUBLICIDADE ESTÁTICA que foi rexeitada polo PSOE e polo PP, na prensa sen chegar a debaterse, na anterior lexislatura e incluían:



· Utilización dos paneis luminosos

· Concesión de axudas para publicitar actividades

· Unha delimitación racional dos lugares onde non se poden pegar os carteis ou facer murais

· Habilitación dun dos laterais das marquesiñas para colocar carteis.

· Colocación de Mupis



Sobre a colocación dos Mupis facilitamos un Mapa cós lugares que considerabamos apropiados para a instalacións destes espacios, 33 en total, dos que só están instalados en menos de 10 emprazamento que maioritariamente non coinciden cós que pedimos; e algúns case non son visibles.



Mesmo así o Concello de Santiago seguiu actuando de forma represiva, arrancando carteis dos Mupis o día seguinte de seren pegados e cando faltaba máis dunha semana para a realizacións dos actos anunciados.



Por esto pensamos que esta Ordenanza (da que colaboramos na súa redacción por medio da Plataforma pola Liberdade de Expresión, que só foi recibida polo Grupo Municipal do BNG a pesar de ter solicitado reunirse tamén có PSOE E PP) vai sufrir deste problema (o arrancado dos carteis), tamén pensamos que o silencio administrativo resultará, na práctica, a denegación das solicitudes de realización de murais, colocación de mesas informativas e faixas. Por outra banda, as multas son excesivamente altas e non sabemos para que van ser utilizadas.



En todo caso creemos que ordenanza anunciada onte supón un avance dada a actual situación.

0 comentarios:

Publicar un comentario